Saltar ao contido principal

De aqueles contos...a novos finais

Como cada ano, as bibliotecas dos centros da Mariña lucense de Viveiro e outros próximos a el celebramos o Día do Libro preparando nos centros unha actividade conxunta que logo é exposta na Casa do Concello de Viveiro durante a semana que precede ao Día das Letras Galegas. Durante a semana da exposicións hai sesións de contacontos, actuacións musicais, etc. que fan as delicias dos máis pequenos viveirenses que acoden a velos.
Este ano a actividade consistía en recoller un conto tradicional e darlle un novo final. Ademais, había que rematalo cunha pequena obra plástica. Aquí vos deixo as fotos da exposición:


Este ano o noso centro participou cunha actuación de contacontos musicados que podedes ver aquí:


Actuación Concello 2014 - Movie Maker

Podedes ver máis sobre a exposición neste ENLACE

Outras bibliotecas dan conta nos seus blogs deste traballo de ilusión conxunta. Podedes velo clicando sobre o nome dos centros:

Publicacións populares deste blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!