Saltar ao contido principal

Samaín na biblio 2015

Este ano, para a celebración do Samaín, desde a biblioteca organizamos un concurso de decoración de cabazas de medo. O resultado foi espectacular!!! Debemos dicir que todo o equipo de biblioteca quedou gratamente sorprendido pola calidade dos traballos. A biblioteca quedou terrorificamente preciosa.
Aquí o tedes:

A entrega de premios terá lugar o martes 10 no segundo recreo. Todos os participantes debedes achegardos ata a biblio. Haberá sorpresas.

Publicacións populares deste blog

Antía Yáñez, a voz da Mariña que conquista a literatura galega

A escritora Antía Yáñez , natural de Burela (1991) , vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña pola súa obra Bragakadabra , unha historia chea de humor, maxia e reflexión social. Recoñecida xa como unha das voces máis prometedoras da narrativa galega, Antía destacou dende o seu debut con Senlleiras (Premio Illa Nova 2018), e continuou cunha traxectoria sólida e diversa, con títulos como Non penses nun elefante rosa , O misterio de Portomarín ou Be Water, my friend . En Bragakadabra , a autora volve combinar fantasía e compromiso social, convidando a ler, rir e pensar. Defensora da lingua e da cultura galega, Antía Yáñez continúa a escribir dende Galicia con orgullo e talento, construíndo un camiño que inspira ás novas xeracións lectoras. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte , celebramos este merecido recoñecemento e animamos a descubrir a súa obra, tan próxima e tan universal ao tempo. Páxina oficial de Antía Yáñez Entrevista a Antía Yáñez en Vozpopul...

🎃 O Samaín no IES Vilar Ponte: ler, crear e pasalo de medo

O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO.  Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖  As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!