Como sabedes, desde final do curso pasado estivemos facendo recollida de tapóns de plástico para poder aportan un pequeno gran de area na axuda aos demais.
Este foi o produto do esforzo colectivo de todos os siareiros da nosa biblio:
Finalmente, recorremos á Fundación Puro Cora (pertencente a El Progreso, que ten asinado un convenio con varias empresas e institucións desde hai tres anos para recoller eses tapóns que poden axudar a persoas que o precisan. Trala súa venta, o importe íntegro vai destinado a diferentes solicitudes, aprobadas por un equipo externo integrado por un médico, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha graduada social.