Este ano si que si. Este ano imos celebrar a semana cultural entre o 12 e o 20 de maio. Onte comezou esa semana á que tantas ganiñas lle tiñamos no equipo da biblio coa celebración do día da muller nas matemática e fixémolo cunha xincana matemática pensada para primeiro ciclo. Encantouvos, pero a nós tamén.
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!



