CONCURSO DE EPITAFIOS

 



🪦🪦CONCURSO DE EPITAFIOS🪦🪦



Se hai algo que nos caracteriza é a nosa retranca, é hora de tallala en pedra!
Todo o alumnado pode participar neste concurso que formará parte dunha exposición moiiiiii terrorífica👻⚰️
Se ainda non tes a túa plantilla para o teu epitafio, na biblio atoparalas!
Os 3 mellores epitafios gañaran un vale de 5€ cada un, para gastar na cafetería.🏆


🖋Bases:
• Textos orixinais e inéditos.
• Procúrase que sexan graciosos, pero non poden ser ofensivos nin incluír groserías.
• Valorarase tanto o inxenio como a corrección lingüística.
• O prazo límite de entrega é o día 26 ás 12h.
• O xurado, composto polo persoal voluntario de segundo de bacharelato xunto coa coordinadora da biblioteca escolar, valorará que se cumpran as bases.

#bescolaresgal #bescolaresabertas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.