ATENCIÓN ESTUDANTES* Precisamos a vosa colaboración para as actividades do último día do trimestre: o festival de Nadal. Se queres amosarnos o teu talento ou estás disposto/a a axudar, esperámoste no 2º RECREO do MARTES 5.
#bibliotecasescolaresdegalicia #bescolaresgalabertas #plambe #nadal #festivalnadal
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!
