Saltar ao contido principal

20 de marzo - Encontros PLAMBE

 Bo día a todas e todos!

Vimos a contarvos un pouquiño como transcurriu a xornada do pasado 20 de marzo: Encontros Plambe no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, un día importante por ser o 20 aniversario do Plambe.

Asistimos a unha primeira charla interesantísima levada a cabo por Rosa Tabernero, quen nos fixo reflexionar sobre como afecta todo o dixital ao lector, como a combinación de lectura en formato dixital e as distintas experiencias dixitais diarias (como as redes sociais e os xogos virtuais) impiden a formación de procesos cognitivos máis lentos (como é o caso do pensamento crítico, a reflexión persoal, a imaxinación ou a empatía) que conforman a lectura profunda.

Actualmente, obsérvase que cantos más dispositivos dixitais ao dispor, máis forte é a tendencia decrecente de lectura e de comprensión lectora no alumnado. E non só do alumnado, nós mesmos tamén podemos ver  nas nosas carnes os efectos na disminución da nosa atención continuada.

Como desenvolvemos entón unha lectura ou un lector crítico? Parece que estudos demostran que partir dunha lectura en soporte analóxico facilita a lectura en profundidade ao pasar ao soporte dixital, polo que fomentala é clave.

Rosa tamén nos falou da literatura de non ficción, de libros e álbums. Estes son interesantes por como achegan diferentes realidades dunha forma case poética, sen deixar de ser experiencias e testimonios verdadeiros de persoas que os viviron. As imaxes xogan un papel importante no poso mental, na profundidade ou fixación da aprendizaxe.

Esta literatura ten unha gran eclosión no mercado grazas ao lector curioso, ese lector xoven que tamén quere saber, que quere participar das conversacións sociais pero que non tiña contacto con esa información dunha maneira accesible.

Os libros de non ficción son literatura de preguntas, de concienciación, de posicionamento. Apelan á emoción, ofrecen un discurso de coñecemento, de saber pero dende os espazos vacíos, dende as fisuras, atrapando ao lector dende a emoción. Son libros que aproximan, son a conversación entre un adulto e un neno.

Por suposto, Rosa plantexa tamén a necesidade de filtro polo impacto pedagóxico das obras, que é o máis importante neste caso, e de como integralos nas nosas aproximacións pedagóxicas e itinerarios lectores.


A segunda charla a que asistimos foi a de retos e experiencias de xestión e dinamización noutras bibliotecas escolares, con María Fontenla do CIFP A Carballeira e Fanny Prieto da EOI de Lugo.

Estas dúas profas faláronnos das súas experiencias, das actividades levadas a cabo nas súas bibliotecas e dos obstáculos que poideron xurdir tamén do feito de ser centros cun alumnado diferente ao noso. Collemos algunhas ideas interesantes para por en práctica no noso centro.



A terceira charla versou sobre a competencia lectora na sociedade actual. Retos, desafíos e algunhas propostas para as aulas, con Montse Pena.

Foi unha reflexión sobre se a forma ou práctica de lectura que temos realmente é útil para a mellora da comprensión lectora. Tamén é importante diferenciar esta da competencia lectora.

Montse comparou estes procesos de adquisición coa escalada dunha montaña e como, por sentido común, uns rapaces de 2ºESO considerarán que ler poemas de Garcilaso de la Vega é como subir ao Everest sen ter subido ao monte de detrás da casa previamente. Pena cóntanos que esa montaña se sube empregando textos o máis reais posibles, textos en relación ao propio texto, e participando na sociedade.

A competencia lectora relaciónase coa competencia literaria, que é a habilidade de ler adecuadamente todo tipo de textos literarios. Esta é a nosa mochila para subir á montaña, e nela inflúen factores como o manexo adecuado da lingua, o dominio das claves do xénero, as emocións ou o acompañamento.

As habilidades lectoras de “alto rendemento” serían a lectura crítica, a inmersiva, a literaria, a de longo prazo, a lenta, a teimuda, a non estratéxica e a lectura como desafío. Un lector de alto rendemento sabería combinar todas estas lecturas de maneira eficiente.


Montse tamén nos contou que os datos mostran que a xente nova case non le en galego (só un 6% leron o seu último libro en galego e un 0.4% o teñen como lingua habitual de lectura). Ademáis, a maioría len sobre todo en blogs ou webs, normalmente en redes sociais. As grandes plataformas como Goodreads e os influencers reemplazaron os centros, as bibliotecas como espazos para recomendacións lectoras.

Como subir entón esa montaña doutro xeito? Como atraer ao alumnado dende as biblios? Montse defende que subindo as autoestimas lectoras. O gusto tamén se educa, di, e o noso acompañamento é clave. Os itinerarios lectores en lingua galega son unha forma. Estos itinerarios lectores son o camino que o alumnado percorre, motivado polo interese grupal e do centro. É un itinerario feito por profesorado que constrúe o canon escolar (conxunto de lecturas que o alumnado debería ter ao finalizar unha etapa educativa). Non é universal, cada contorna e centro precisa un canon propio.

Pechouse a charla cunha serie de recomendación ou propostas específicas para os diferentes ciclos de primaria e ESO deses itinerarios lectores.


A cuarta charla, despois da pausa para comer, foi con Piu Martínez López e versou sobre o fotoálbum, concretamente sobre o pasado e presente da fotoliteratura destinada á infancia e á xuventude lectora.

Esta foi unha charla que, como advertiu Piu, non nos deixou dormir a sesta, pois foi moi estimulante e sobre un tema do que polo menos no noso temos moi pouca formación. A forma de falar de Piu sobre a importancia do deseño, do soporto, da textura, da tinta, da cor, do papel e toda a aplicación didáctica do deseño dun fotoálbum, esa paixón encandilounos, deixándonos con un montón de referencias e referentes e ganas de seguir explorando este campo da literatura.


A quinta charla, levada a cabo por María Pousa, Alexandra Cabana e Asun Carballo, foi moi necesaria, xa que nos orientaba ás novas incorporación na coordinación de biblio nas nosas tareas deste ano. Xurdiron moitas dúbidas que esperamos resolver nestes últimos meses e chegamos tamén á conclusión de que tería sido moi útil ter toda esa información xa no primeiro trimestre (ogallá en próximas edicións!).


A sexta e última charla que pechou estos encontros Plambe foi con Víctor Villapalos de ponente, falando sobre intelixencia artificial cunha mirada crítica. Reflexionamos sobre as vantaxes e inconvintes desta inevitable nova ferramenta e sobre como utilizala no noso proveito nas bibliotecas escolares.

E ata aquí chegamos, moi cansadas, pero con moito no que pensar e moitas novas recomendacións de adquisicións para a biblio!

Ata o ano que ven!

 














Publicacións populares deste blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!