Saltar ao contido principal

Publicacións

9ª e 10ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Estas son as pistas para o xoves 13 de febreiro . Son xa as derradeiras. O venres 14 diremos as solucións a todas as preguntas no segundo recreo na biblioteca e alí saberedes quen foi o gañador do concurso. Pista nº 9: "She takes me away to that special place" Pista nº 10: "¿Puedo soñar contigo?"

7ª e 8ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Estas son as pistas para o mércores 12 de febreiro : Pista nº 7: " Love means never having to say you`re sorry" Pista nº 8: " Resistencia Aneiros" Non esquezas pasar pola túa biblioteca e contestar as preguntas. O premio pode ser para ti.

Celebración do Día da Paz

O pasado xoves 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz na nosa biblioteca. Proxectamos nos recreos unha presentación moi interesante  elaborada polos compañeioros do  CEIP de Ponzos  de Ferrol , á que lle   fomos engadindo diferentes cancións para facela aínda máis atractiva. Temos que agradecer a colaboración de Juan Vicente Piñón, no eido informático, a Joel Romero, alumno de 2º de BAC, aos alumnos de 4º de PDC (Juan, Cristina, Desirée, Xesús, Mª José e Miguel) e a Carlos Gancedo, que sempre nos axuda facendo de fotógrafo.

5ª e 6ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Estas son as pistas para o martes 11 de febreiro : Pista nº 5: "Te vivo" Pista nº 6: Leriano e Laureola

3ª e 4ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Estas son as pistas do luns 10 de febreiro : 3ª pista:  "Y con un suave desliz hago que se pare el tiempo" 4ª pista:  "ol vidar el provecho, amar el daño "

1ª e 2ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Velaquí tedes as dúas primeiras pistas do concurso. É sinxelo: lédeas, acudide a Google e comprobade a que corresponden (unha canción, un poema, unha novela, unha película...) Descubride datos sobre a autoría, título...). Despois, en calquera dos dous recreos podedes cumprimentar a ficha e participar: 1ª pista: "Try to scream out my lungs" 2ª pista: "Pero aún me gustas más, tanto que casi / no puedo resistir lo que me gustas"

"Morrer de amor (e desamor)" Concurso para o Día de San Valentín

Estamos poñendo en marcha un concurso para celebrar o Día de San Valentín o vindeiro 14 de febreiro. Contamos contigo! PARTICIPANTES Calquera alumno da ESO  OBXECTIVOS   Coñecer algunhas das manifestacións de amor máis románticas de todos os tempos.  EN QUE CONSISTE?   Cada día lectivo, desde o venres 7 de febreiro, aparecerán dúas pistas na conta de Twitter da biblioteca a partir das 0:00 horas. Se non tes conta de Twitter, podes atopalas no blog da biblioteca.  As pistas serán versos dun poema, dunha canción de amor, personaxes dalgunha novela ou unha frase significativa dunha película.  Despois de ler as pistas, deberás buscar información sobre elas en internet o venres 7, o luns 10, o martes 11, o mércores 12 e o xoves 13. A dúas cada día, en total serán dez pistas. Unha vez saibas o máis importante, vai á biblioteca e responde ás preguntas dunha ficha que che darán alí para participar. Serán preguntas sobre o autor, a súa da...

O futuro da revista OINK! en xogo

A tod@s os seguidores do Xabarín Club : Nova revista de Banda Deseñada nos quioscos e librarías.   Están no Facebook para partexar recursos para nais, pais e educadores. FacebOINK! Tamén están presentes noutras redes sociais, onde atoparedes imaxes e vídeos. Youtube Vimeo Flickr BANDA DESEÑADA        Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto & Chinto: Todos eles sacarán o lapis para darlles vida aos seus personaxes número tras número   CONCURSOS     Cando leas OINK! tamén terás que estar atento e... Ollo ao tesouro!

Os nosos siareiros nun recreo

A verdade é que este ano estamos encantados coa cantidade de siareiros que temos na biblio en cada recreo. Os empréstitos cada vez son máis numerosos e, a pouquiños, medramos e medramos. Grazas a vós, a biblio estase convertindo no que ten que ser: un dos alicerces da nosa comunidade educativa. Aquí o podedes ver: Un día na biblio no curso 2012-13 - foto montaje

Adeus, JOSE LUIS SAMPEDRO

A Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia, para RedeLectura vén de publicar unha interesante nota sobre o pasamento de José Luis Sampedro, que vos achegamos a continuación. Tómade nota dos enlaces, son moi interesantes tamén: Un nome que sempre nos trouxo intelixencia e pensamento. Un economista que sempre tivo presente que esta estaba ao servizo da colectividade. Uns libros para ler e... ler e... ler. Moito van ter que ler os clubs e moito botarán de menos esa referencia viva. Un vello que nunca foi vello. Un home de idade que nunca debía morrer. Un pensador que sempre nos fará falla. Nin damas de ferro nin iconas da imaxe. Escritores que souberon envellecer... Se algunha vez a colectividade lle puxo o seu nome a unha rúa, cole, biblioteca, aula,... non terá que arrepentirse. Autor de grandes novelas: La sonrisa etrusca , Octubre, octubre La vieja sirena El río que nos lleva ... Autor de libros de economía: El mercado y nosotros El m...

21 de marzo: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Estade atentos. Á volta das vacacións de Semana Santa teremos preparada a exposición que elaborou o grupo de 1º ESO D para lembrar que o 21 de marzo é o Día da Poesía . Esta actividade inscríbese nunha moito máis grande organizada polas bibliotecas escolares dos centros de Viveiro e de Xove, que leva por nome UNHA PRIMAVERA DE POEMAS . Axiña veredes polo ies as nosas especiais "abellas" anunciando a primavera cun poema.

21 de febreiro: Día Internacional do Idioma Materno

No ano 1999 a Conferencia Xeral da UNESCO proclama o 21 de febreiro como "Día Internacional do Idioma Materno". Co gallo desta conmemoración, na sala de lectura do edificio II do noso centro tivo lugar unha pequena recitación de poemas nas distintas linguas maternas dalgúns dos nosos alumnos, apoiados polos auxiliares de conversa que neste curso nos acompañan. Estes foron os textos escollidos: Drew (auxiliar de conversa de inglés): Strange Restaurant. Judit (auxiliar de conversa de francés): La nuit. Adrián López e Ángela Martínez Sarmentero leron en francés Paris, reine du monde . India Stainton , en inglés, Las montañas de Inglaterra. Nastia Shmidt , en ruso, Sentimientos. Cintia Barría , en portugués, Amor de madre por su hijo. Emanuel Mihai , en rumano, Pajaritos dormilones. Brais González , en galego, Chanchanhuí . Elena Insua , Andrea Fernández e Gerardo Veiga , en español, A Margarita Debayle . E velaquí tedes a presentación que fixo...

8 de marzo: Día da muller

O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Grazas ao estupendo traballo do alumnado de PDC do IES Frei Martín Sarmiento, podemos coñecer algo máis sobre algunhas das mulleres galegas de prestixo. Co noso agradecemento e parabéns, compartimos o seu espléndido traballo, que, unha vez máis, demostra a xenerosidade que hai entre as bibliotecas escolares de Galicia.   Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo .

Rosalía 150

A Biblioteca e EDNL  do IES Vilar Ponte   no día de Rosalía de Castro  

24 de febreiro: Día de Rosalía

Este ano o Día de Rosalía celebrámolo co 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos . Co gallo desta conmemoración moitas das bibliotecas escolares de Galicia traballaron arreo na lembranza da autora e da súa obra. Grazas á unha xenerosidade inmensa co seu traballo podemos compartir as súas presentacións: Grazas ao CPI de San Sadurniño. Grazas ao CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei

Como buscar na rede?

Co noso inmenso agradecemento a Charo Sánchez-Gabriel e a Olga Rodríguez Díaz, sempre xenerosas co seu traballo:

O documental "Home" comentado

Yann Arthus-Bertrand trata de concienciarnos da evolución catastrófica do clima no noso planeta a través do documental Home. Unha alumna de 1º da ESO, Marta Pérez, ofrécenos un brilante comentario sobre o mesmo: O documental “Home” representa o avance do noso planeta dende os orixes ata a actualidade, a evolución do ser humano, a súa maneira de conquistar e modificar extremadamente a paisaxe, provocando, simultaneamente, graves consecuencias, que nos afectan a todos. Dende os comenzos da vida, as archibacterias, ata as inxentes cidades de rañaceos e illas artificiais recentemente construidas. O afán do ser humano por conseguir enerxía das fontes de enerxía non renovables, ou “bolsas de sol”, modifica o planeta, perxudica, contamina, altera, elimina. Constantemente, “Home”, recórdanos que o diñeiro e os gobernos dominan o mundo. Mentres millóns de persoas morren de fame, outros millóns viven por enriba dos seus límites. A poboación mundial medra, multiplícase. O...

Unha escritora de Literatura Infantil e Xuvenil na Real Academia Galega

A  RAG  (Real Academia Galega) acaba de  elixir  a  Fina Casalderrey  como  académica numeraria .  Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!