Saltar ao contido principal

Publicacións

Entrega de premios: CONCURSO DE EPITAFIOS E TWEETS TERRORÍFICOS

  Onte entregaronse os premios de " Epitafios" e " Tweets terroríficos" dos concursos de Samaín. O xurado , integrado polo grupo de voluntarias de Bacharelato, amenizou e organizou a entrega. Eva, alumna de 2° de BAC fixo a entrega aos gañadores e gañadoras.🦇 ✨ Queredes ver as obras? A semana próxima veredes as obras e onde están ubicadas❤️

Abre a nova plataforma de manga dixital: Manga online

  📣📣 MANGALINE ONLINE 📣📣 📲📕 A plataforma de manga dixital Mangaline.online abrirá as súas portas este martes 8 de novembro, en España, México, Colombia e Estados Unidos cun catálogo dispoñible tamén en galego. 🔹 Parte deste último estará dispoñible de balde grazas ao apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. As persoas interesadas poderán adquirir de balde 10 volumes do catálogo en galego, 5 serán distribuídos o día do lanzamento e outros 5 o mes seguinte. En instagram @bibliovilarponte amosámosvos cómo facer o rexistro na plataforma e a forma de atopar o catálogo en galego. Doado, útil e con exemplares gratuitos✨!

Voluntariado

No mes de Setembro colocamos o cartaz para que o alumnado se anotase no equipo de voluntariado da biblioteca escolar do centro.  As alumnas que o foran xa, o ano anterior, continuan a andaina este ano, non só sendo voluntarias, senon que forman aos novos voluntarios e aos novos lectores, asesoran e cuidan o espazo lector como propio. ( Lucía, Zaira, Eva, Sabela e Noa).  Os novos voluntarios están aprendendo a medida que pasan os días da man delas e da coordinadora da biblioteca: Icía, Vanessa, María, Raúl e Nazaret. A reapertura da biblioteca do Pastor Díaz abriu a oportunidade de crear un grupo de novos voluntarios e voluntarias que axudarán a manter a biblioteca dinámica, o catálogo e os préstamos.  Presentámosvos aquí a parte do novo equipo de voluntarios do Pastor Díaz : Ángela, Antonella, Nerea, Claudia, Daniel, Sheila, Clara, Xaira ( faltan Melany e Julia) No mes de Outubro cambiaron o espazo, colocaron novos carteis, fixeron inventario da biblioteca, decoraron a bi...

Novembro: Mes da ciencia

  ⚗️🧫🧬🔭🔬Mes da ciencia🔬🔭🧬🧫⚗️ Visita a nosa exposición en relación a esta temática. ✨ Sabrías decir cales son as moléculas que hai debuxadas nos globos da expo? 🔬

Actividades Samaín 2022

  No cemiterio de Père Lachaise estanse levando a cabo varias actividades. Teacher Lucía creou un Breakout de Samaín con pistas agochadas polos libros da biblioteca.🦇🔍🦇 Logo, na biblio e corredor principal a teacher Nuria creou unha caza de bruxas co Which witch is which! 🧙🏼‍♀️🧙🏿 A biblio neste Samaín tivo moi presente as catro linguas que estudamos, veredelo en máis publicacións! Grazas Departamento de inglés por colaborar e dinamizar coa biblioteca! 🦇🧙🏼‍♀️📚

Samaín 2022

A Biblioteca Pastor Díaz está ambientada estas semanas no Cemiterio de Père Lachaise, o máis grande de París intramuros e un dos máis célebres do mundo. Hai moitos persoaxes sinalados enterrados neste cemiterio. 🪦 Dentro do cemiterio, atoparemos a Exposición de epitafios famosos. 💀O altar do día de mortos honra cunha ofrenda floral a escritoras e escritores célebres das catro linguas que estudamos no IES.  No cemiterio lévanse a cabo actividades terroríficas!💀 Pronto volas ensinaremos! O alumnado voluntario, xunto coas profesoras Lucía e Nuria, axudou a decorar ambos ambientes.  Sigue lendo para ver máis fotos do proceso! 

Biblioteca Pastor Díaz

  A Biblioteca do Pastor Díaz estivo en desuso por mor da pandemia. Este ano, voltaron a abrirse as súas portas durante os recreos, para que o alumnado poda disfrutar deste espazo☺️ Pero, non é a única novidade, vamos a darlle un cambio a este espazo con moita axuda🤭🎨 Iremosvos ensinando os espazos que crearemos dentro da B iblio así como todas as novas!

NOVIDADES

  ✒️Novidades Manga🖋  Haikyu 10 ✔️  Haikyu 11✔️  Tokyi Revengers 9 ✔️ Tokyo Revengers 10✔️   #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

COMEZA O CLUB DE MANGA!

  Comeza o CLUB DE MANGA🎋 A semana pasada concretamos a idea do logo do club elaborando varios bocetos, pronto veredes a obra rematada e o proceso de creación.

CONCURSO DE TWEETS TERRORÍFICOS

  🕷🕸🧙🏿👻🎃Concurso de tweets terroríficos!🎃👻🧙🏿🕸🕷 🖋Escribe en 20 palabras a historia máis terrorífica!! Na entrada da Biblioteca e na entrada do Vilar Ponte II están as FURNAS para meter os teus TWEETS terrorífiiicos!👻

EPITAFIOS FAMOSOS

  🪦🪦Epitafios famosos I🪦🪦 Moitas das mentes🧠 máis brillantes da cultura, deixaron pegada ata nos seus epitafios, que son textos que se gravan na lápida 🪦en memoria dunha persoa falecida. Xeralmente, estas frases lembran os gustos ou actividades da persoa; algunhos fano de maneira máis creativa, ou elaborada deixando atras o " Descansa en Paz". No  #Sabíasque  de hoxe, algúns dos epitafios máis célebres. Recoñeces algún?💡

CONCURSO DE EPITAFIOS

  🪦🪦CONCURSO DE EPITAFIOS🪦🪦 Se hai algo que nos caracteriza é a nosa retranca, é hora de tallala en pedra! Todo o alumnado pode participar neste concurso que formará parte dunha exposición moiiiiii terrorífica👻⚰️ Se ainda non tes a túa plantilla para o teu epitafio, na biblio atoparalas! Os 3 mellores epitafios gañaran un vale de 5€ cada un, para gastar na cafetería.🏆

17 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

  📖Hoxe, día 17 de Outubro é o Día das Escritoras. 🖋Unha data acaída para lembrar e reivindicar a escrita feminina e plural, tantas veces e en tantas circunstancias esquecida.

CLUB DE MANGA 22-23

  Vai unha semana, o formulario do club de manga comezaba a encherse de nomes que, con ilusión, querían retomalo ou comezalo. ☺️Se non lembrache anotarte, estas a tempo! Úneste ao club de manga? O vindeiro martes 18 e mércores 19 nos recreos da biblioteca realizaremos diferentes logos para este club. • Podedes traer propostas, crear en grupo, aportar ideas, ... Xa non queda nada!☺️ Agardámosvos🎋 #bescolaresgal   #clubdelectura   #clubdelecturamanga   #manga

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Hoxe ao fondo do corredor, recíbenoss un arco de globos que dan paso á exposición de libros desta semana no Día mundial da saúde mental.🧠🌱❤️   Recomendacións lectoras📚

HORA DE LER 22-23

Comeza a HORA DE LER no Instituto Vilar Ponte! ⏰ Lembra revisar o calendario da sesión de lectura na aula! 📚 Podes traer o libro de casa, elexir un na biblioteca ou ben, descargalo no equipo ( 1* ESO/ 2* ESO) Agardamos que disfrutedes da lectura!☺️ #bibliotecasescolares #bescolaresgal #horadeler

CLUB DE LECTURA 22-23

CLUB DE LECTURA! Xa está aberto o prazo para participar no club de lectura "Liber Amoenus", do IES Vilar Ponte📚🌱 Se queres anotarte✍🏻, acude á biblioteca! Agardámoste🌱☺️ #biblioescolar #bescolaresgal #clubdelectura #liberamoenus

VOLUNTARIADO 2022-2023

A Biblioteca necesítate!📚 Estamos á procura de VOLUNTARIADO! Queres formar parte do equipo? 📕📗📘📙⚖️ Acude á reunión do próximo Martes no segundo recreo e coñece as novas da biblioteca! Queres propoñer novas actividades? Trae contigo todas as novas ideas e formaremos un gran equipo⚖️ Agardámosvos!✨

Benvidxs

Comeza un novo curso, e a biblioteca xa ten as portas abertas e está a cargar pilas para todo o que vén: novos libros, novas actividades, novas ideas, novos clubs de lectura, novos proxectos...! Pero sshhhh! É un segredo🤫 Benvidas/os, un ano máis a un espazo educativo e de lecer para todxs. ✨

DICIONARIO VISUAL DE VERBAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Cantos de vós empregades palabras como "garatuxa" ou "cansavacas"? Ninguén, verdade? Pois con esta actividade tan chula a rapazada de 2º de ESO intentou deixar constancia desas verbas que se están a perder e que son tan chulas.