Saltar ao contido principal

Publicacións

23 de abril - Día do Libro

 Bo día a todas e todos! Este mércores 23 de abril celebrouse o Día do Libro e quixemos facer dende a biblioteca unha actividade un pouquiño creativa. Tratábase de que os rapaces de diferentes cursos (neste caso participaron parte de 1ºESO, parte de 2ºESO e parte de 3ºESO) fixesen recomendacións lectoras a través de debuxar as portadas deses libros. Os menos dados á creatividade preferiron facer recomendacións escritas. O resultado estivo toda esta semana decorando o corredor principal do centro. Xulgade vos mesm@s!

Exposición Abril - O Románico e o Camiño: as pegadas en pedra

 Bo día a todas e todos! Hoxe traémosvos As pegadas en pedra: o Románico e o Camiño, unha exposición resultado da viaxe ao pasado a través da arte, a cultura e a espiritualidade no medievo que fixo o alumnado de 2º ESO. Durante varias semanas, o alumnado traballaou arreo para elaborar  maquetas de igrexas do románico, carteis, diarios de peregrinaxe e folletos sobre as diferentes etapas do Camiño . Con estes traballos, non só aprenderon a identificar os principais elementos do  estilo románico , senón tamén coñecer a  tradición xacobea , símbolos, tradición e impacto cultural.  Convidámosvos a visitar esta viaxe no tempo , dispoñible no corredor da entrada do Pastor Díaz e na Biblioteca do Vilar Ponte.

20 de marzo - Encontros PLAMBE

 Bo día a todas e todos! Vimos a contarvos un pouquiño como transcurriu a xornada do pasado 20 de marzo: Encontros Plambe no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, un día importante por ser o 20 aniversario do Plambe. Asistimos a unha primeira charla interesantísima levada a cabo por Rosa Tabernero, quen nos fixo reflexionar sobre como afecta todo o dixital ao lector, como a combinación de lectura en formato dixital e as distintas experiencias dixitais diarias (como as redes sociais e os xogos virtuais) impiden a formación de procesos cognitivos máis lentos (como é o caso do pensamento crítico, a reflexión persoal, a imaxinación ou a empatía) que conforman a lectura profunda. Actualmente, obsérvase que cantos más dispositivos dixitais ao dispor, máis forte é a tendencia decrecente de lectura e de comprensión lectora no alumnado. E non só do alumnado, nós mesmos tamén podemos ver  nas nosas carnes os efectos na disminución da nosa atención con...

28 de febreiro - Festa de entroido e concurso de disfraces

 Ola a todas e todos! Este venres 28 celebramos a festa de entroido no centro. Xa estivemos toda a semana traballando co equipo de normalización para cumplir coas ordes da meca Naseira, que lle deu moita cor e tolemia ao alumnado e profesorado.  Para rematar unha semana moi divertida, fixemos un concurso de disfraces por grupos, na que participaron con bailes e shows tódolos cursos de 1º a 4º da ESO, e que foron xulgados por un xurado experto na materia (do que formaba parte a nosa meca Naseira, por suposto). Tamén, para finalizar, alumnos de bacharelato se animaron a facer unha aparición estelar de baile e de percusión! Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vos fagades unha idea do ben que o fixeron os rapaces e rapazas!

20 de decembro - FESTIVAL DE INVERNO

 Bo día a todas e todos! Xa estamos de volta das vacacións de Nadal, con enerxía e preparadxs para retomar con forza a rutina, por suposto despois de ter celebrado xuntxs. Con tanta actividade, o mes pasado esquecímonos de contarvos un pouquiño como foi a festa de inverno no instituto. Houbo un pouquiño de todo, na biblio talleres de lettering e debuxo colaborativo, no salón de actos concertos de rock e gaitas e no pavillón xogos.  Ao final da mañá adicamos un ratiño ao bingo e as alumnas Rafaela e Lucía, de 2ºESO presentaron o pre fin de ano cun discurso moi bonito para que poideramos comer as doce "uvas" (unhas humildes palomitas do cine da vila). Deixámosvos cunhas fotos do día. Feliz 2025!

25 NOVEMBRO: EXPOSICIÓN - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Bo día a todas e todos! Esta semana, polo 25N, fusionamos o equipo de biblio e o de normalización para levar a cabo varias actividades. Hoxe vos traemos a exposición de lecturas recomendadas relacionadas coa violencia contra a muller, que cremos que poden resultar interesantes e moi ilustradoras para o alumnado e compañeirxs. Sabemos da importancia que ten poñerlle nome ás situacións para poder actuar sobre elas, e que máis xente que nos rodea da que pensamos sofre, moitas veces en silencio, nas súas casas, os efectos deste horror. Por isto, seguimos traballando dende as institucións públicas, a favor da concienciación e da educación no respeto e na igualdade, coa crenza de que sempre podemos mellorar entre todxs. 💜Que siga a loita. Por ti, por min, por todas.💜