LETRAS NA CASA

Xa estamos en maio e, como é habitual, imos festexar o día das nosas letras, das Letras Galegas. Aínda que este ano é máis que excepcional e non poderemos facer nada no instituto, si vos queremos propoñer algunha cousiña deste xeito.

A RAG decretou que a celebración se trasladase a outubro, pero por si queres ir coñecendo algo sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adican este ano as Letras, podes botarlle esta ollada ao vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense:



Na web hai multitude de recursos para pasar un bo rato na compaña de Carvalho Calero e coñecelo algo mellor. Esta é unha selección.


Don Ridardo  (xogo para o primeiro ciclo da ESO)

Primavera das letras (para primeiro ciclo da ESO)

Entrevista a Carbalho Calero (para segundo ciclo da ESO e bacharelato, de gran axuda para o estudo da literatura da época)

Rede lectora (con novidades editoriais sobre a figura de Carvalho Calero, que estás á vosa disposición no Elbe-2)

Pasatempos con Ricardo (varios niveis). Pasatempos deseñados por Agal sobre as Letras Galegas e o seu homenaxeado.


Para rematar, xunto co equipo de dinamización lingüística, queremos mostrarvos a nosa proposta orixinal, a realización dun vídeo colaborativo:








Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.