Non sabes a que botarlle o dente estas longas vacacións de verán? Queres ler algo pero andas algo perdido no medio da maraña de lecturas que ves por aí? Non hai problema. Entre todos os centros educativos da Mariña fixemos un vídeo para recomendarvos libros que nos parecen especialmente interesantes. Bótalle unha ollada no blogue da microrrede da Mariña e... escolle.
O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...