As primeiras alumnas colaboradoras van chegando con forza á biblio. Desta volta, as que acoden a clase de literatura universal decidiron agasallarnos coa mostra dunha das súas investigacións. Con material e recursos da biblio, e coa axuda da súa superprofe Manuela Salgado, do departamento de Lingua Castelá, elaboraron unha rigurosa investigación sobre a escrita mesopotámica que plasmaron perfectamente nunhas inscripcións en táboas de arxila. Un marabilloso traballo que chamou a atención de todos e todas.
A escritora Antía Yáñez , natural de Burela (1991) , vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña pola súa obra Bragakadabra , unha historia chea de humor, maxia e reflexión social. Recoñecida xa como unha das voces máis prometedoras da narrativa galega, Antía destacou dende o seu debut con Senlleiras (Premio Illa Nova 2018), e continuou cunha traxectoria sólida e diversa, con títulos como Non penses nun elefante rosa , O misterio de Portomarín ou Be Water, my friend . En Bragakadabra , a autora volve combinar fantasía e compromiso social, convidando a ler, rir e pensar. Defensora da lingua e da cultura galega, Antía Yáñez continúa a escribir dende Galicia con orgullo e talento, construíndo un camiño que inspira ás novas xeracións lectoras. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte , celebramos este merecido recoñecemento e animamos a descubrir a súa obra, tan próxima e tan universal ao tempo. Páxina oficial de Antía Yáñez Entrevista a Antía Yáñez en Vozpopul...
