Non podemos pechar o trimestre e o ano sen mostrarvos os tradicionais traballos que se fan no noso centro por estas datas. Por unha parte, o Departamento de Relixión organiza un concurso de postais, que se atopan expostas na entrada do edificio 2.
Por outra banda, xunto co departamento de Francés, elaboramos os nosos adornos reciclados, que tamén espuxemos. Esperamos que o ano que ven podamos facer con eles o que fixemos ata a chegada da pandemia: vendelos no mercadiño organizado pola residencia de anciáns Domus Vi, en Viveiro, para poder mercar agasallos de Nadal para as familias máis desfavorecidas.
A escritora Antía Yáñez , natural de Burela (1991) , vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña pola súa obra Bragakadabra , unha historia chea de humor, maxia e reflexión social. Recoñecida xa como unha das voces máis prometedoras da narrativa galega, Antía destacou dende o seu debut con Senlleiras (Premio Illa Nova 2018), e continuou cunha traxectoria sólida e diversa, con títulos como Non penses nun elefante rosa , O misterio de Portomarín ou Be Water, my friend . En Bragakadabra , a autora volve combinar fantasía e compromiso social, convidando a ler, rir e pensar. Defensora da lingua e da cultura galega, Antía Yáñez continúa a escribir dende Galicia con orgullo e talento, construíndo un camiño que inspira ás novas xeracións lectoras. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte , celebramos este merecido recoñecemento e animamos a descubrir a súa obra, tan próxima e tan universal ao tempo. Páxina oficial de Antía Yáñez Entrevista a Antía Yáñez en Vozpopul...



