Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2022

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
Será o 23? Será o 24? O caso é recordar os pensamentos e obras desta gran muller que engrandece o nome da nosa lingua. Como non iamos celebrar o seu cumpreanos? Pois dúas cousiñas fixemos para recordala. Por unha banda, a rapazada de 1º de ESO, xunto coa súa profe Merce, elaborou este fermoso mural no que penduraron os pensamentos rosalianos. Ademais, por outra banda quixemos vencellas o día de Rosalía ao das linguas maternas, o 21 de febreiro. Recopilamos todas as linguas nais do noso alumnado e atopamos de todo: chinés, ucraíno, catalán, inglés, francés, caló... Escollemos poemas de ROsalía e os traducimos a estas linguas, ademais de a latín e a grego. Cada tradución foi escrita nunha cartulina e grabada, subindo o audio ao SPotfy da biblio. Como non, na representación tiña que haber algún poema en galego, en versión orixinal. Para darlle máis emoción á cousa, convertemos a expo nun xogo-competición. Consulta as bases e anímate a participar, que haber premio para o que adiviñe

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Imagen
Xa sabemos que o 14 de febreiro é unha data importante para vós, que celebrades o AMOR e a AMIZADE como as grandes pasións que so, que vos encanta ter citas e que as sorpresas vos rechiflan. E, se xuntamos todo isto con libros? Pois aí vos vai!!!! O alumnado voluntario da biblio fixo unha escolla por idades, empaquetou os libros cunha estética idéntica (porque non hai que xulgar as cousiñas pol a pinta) e escribiu pistas para incluir en cada paquete. Así, teredes unnha lixeira idea do libro co que podedes ter esa fantástica cita. Na entrada do edificio 1 prepararon o escenario e... a maxia xurdiu e as primeiras parellas se foron formando. Tanto éxito tivo a iniciativa que houbo que repoñer!!!!

BEATRIZ OSÉS NO INSTITUTO

Imagen
Un dos libros máis emprestados da biblio é calquera de Erik Vogler. Pois hoxe, a súa nai visitou (virtualmente) as aulas de 1º de ESO. A charla inicial foi moi interesante, pois nos contou como naceu ese adolescente rariño que vive esas aventuras que tanto nos gustan. A conversa de despois tampouco estivo nada, pero que nada mal, e lle puidemos preguntar todo o que queriamos saber! Un pracer achegarvos así a literatura.

A CANDELARIA

Imagen
Antonte foi o día da Candelaria, xornada en que festexamos a fin do ciclo de Nadal, a chegada inminente da primavera e, sobre todo... O AMOR. Por iso, a rapazada de 1º de ESO traballou as metáforas para definir este sentimento, coa súa profe de lingua galega. O resultado... sen palabras!!!

Día internacional da non violencia e a paz e día da ilustración

Imagen
Este curso, debido á situación sanitaria, decidimos non realizar ningunha actividade que supuxera contacto físico, como adoitabamos facer para conmemorar este día. Con todo, nas aulas de primeiro da ESO traballamos o que supón as pequenas acción que cada un de nós pode realizar no noso día a día para acadar a paz no noso entorno. Para comezar, visualizamos o trailer da peli "Cadena de favores", o que deu lugar a un fondo debate no que reflexionamos acerca da nosa contribucación á creación dun mundo mellor. Por último, para plasmar visualmente esta contribución, elaboramos unha cadea de favores. CAda un de nós escribiu, nun eslabón, un favor que ultimamente lle tuvera feito a alguén. Ata os profes participamos!!!! Con estes eslabóns fixemos unha cadea que decora a entrada do edificio 2. No edificio 1, na entrada da biblioteca, o equipo escolleu unha serie de lecturas que favorecen a paz e montou unha exposición para que estes títulos sexan máis visibles á rapazada. Moitas del