Saltar ao contido principal

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Xa sabemos que o 14 de febreiro é unha data importante para vós, que celebrades o AMOR e a AMIZADE como as grandes pasións que so, que vos encanta ter citas e que as sorpresas vos rechiflan. E, se xuntamos todo isto con libros? Pois aí vos vai!!!! O alumnado voluntario da biblio fixo unha escolla por idades, empaquetou os libros cunha estética idéntica (porque non hai que xulgar as cousiñas pol a pinta) e escribiu pistas para incluir en cada paquete. Así, teredes unnha lixeira idea do libro co que podedes ter esa fantástica cita. Na entrada do edificio 1 prepararon o escenario e... a maxia xurdiu e as primeiras parellas se foron formando. Tanto éxito tivo a iniciativa que houbo que repoñer!!!!

Publicacións populares deste blog

🎃 O Samaín no IES Vilar Ponte: ler, crear e pasalo de medo

O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO.  Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖  As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...

Antía Yáñez, a voz da Mariña que conquista a literatura galega

A escritora Antía Yáñez , natural de Burela (1991) , vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña pola súa obra Bragakadabra , unha historia chea de humor, maxia e reflexión social. Recoñecida xa como unha das voces máis prometedoras da narrativa galega, Antía destacou dende o seu debut con Senlleiras (Premio Illa Nova 2018), e continuou cunha traxectoria sólida e diversa, con títulos como Non penses nun elefante rosa , O misterio de Portomarín ou Be Water, my friend . En Bragakadabra , a autora volve combinar fantasía e compromiso social, convidando a ler, rir e pensar. Defensora da lingua e da cultura galega, Antía Yáñez continúa a escribir dende Galicia con orgullo e talento, construíndo un camiño que inspira ás novas xeracións lectoras. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte , celebramos este merecido recoñecemento e animamos a descubrir a súa obra, tan próxima e tan universal ao tempo. Páxina oficial de Antía Yáñez Entrevista a Antía Yáñez en Vozpopul...

Día das Bibliotecas no IES Vilar Ponte, 24 de Outubro

  Cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas , unha data que naceu en España en 1997 por iniciativa da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil. A conmemoración xurdiu para lembrar a destrución da Biblioteca de Sarajevo durante a guerra dos Balcáns e reivindicar o papel das bibliotecas como espazos de encontro, cultura, liberdade e paz . As bibliotecas son moito máis ca lugares cheos de libros: son refuxios para a mente, portas a novos mundos e un punto de unión entre persoas e coñecementos. Actividade co alumnado de 1º da ESO A Con motivo desta celebración, o pasado  xoves 24 de outubro , recibimos ao grupo de  1º da ESO A  nunha xornada de  formación de novos usuarios da biblioteca . Durante a actividade, o alumnado participou nun  xogo de sete probas  deseñado para coñecer mellor o espazo, aprender a localizar libros e disfrutar dos diferentes recunchos da biblioteca. Entre as probas, tiveron que  buscar títulos conc...