Este curso, debido á situación sanitaria, decidimos non realizar ningunha actividade que supuxera contacto físico, como adoitabamos facer para conmemorar este día. Con todo, nas aulas de primeiro da ESO traballamos o que supón as pequenas acción que cada un de nós pode realizar no noso día a día para acadar a paz no noso entorno. Para comezar, visualizamos o trailer da peli "Cadena de favores", o que deu lugar a un fondo debate no que reflexionamos acerca da nosa contribucación á creación dun mundo mellor. Por último, para plasmar visualmente esta contribución, elaboramos unha cadea de favores. CAda un de nós escribiu, nun eslabón, un favor que ultimamente lle tuvera feito a alguén. Ata os profes participamos!!!! Con estes eslabóns fixemos unha cadea que decora a entrada do edificio 2.
No edificio 1, na entrada da biblioteca, o equipo escolleu unha serie de lecturas que favorecen a paz e montou unha exposición para que estes títulos sexan máis visibles á rapazada. Moitas delas son novelas gráficas e cómics, libros ilustrados cos que poñer en valor este traballo que tamén se quere visualizar na data de hoxe.
O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...