ACTIVIDADE🎄🎁 Adiviñanzas de advento na biblio! Cada día, na biblioteca, abrirase un sobre cunha adiviñanza❤️✨. 🕵🏻♀️🕵🏾🔍 Averigua, busca e insire a tua resposta na furna. As respostas correctas participarán no sorteo do 22 de pequenos detalles de nadal! 🎁🎁🎁✨✨✨ @bescolaresgal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!
.jpeg)