MAVI: A maleta viaxeira contra a violencia de xénero

 

Vai unhas semanas foi presentado no Concello de Viveiro o proxecto "MAVI: a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero".


Esta maleta percorrerá outros centros e asociacións da vila, iniciando a súa andaina aquí, no IES Vilar Ponte. ✨

No seu interior, un diario de abordo, achega ao alumnado libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista.

📣Hai 604 casos activos de violencia de xénero na provincia de Lugo, seguindo os datos recollidos no Viogén.

Dende a biblioteca, a traves da iniciativa MAVI, así como no recuncho feminista, invitamos ao alumnado á reflexión, á sensibilización e á concienciación para conseguir unha sociedade máis igualitaria, libre de violencias e con pensamento crítico.

Hoxe o alumnado comezou coa lectura deste proxecto!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.