Saltar ao contido principal

Exposición da Microrrede "EscribirARTE na biblioteca escolar"

 Este Luns inauguramos a exposición 

Na tarde do luns, 8 de maio, realizamos o acto inaugural da Exposición Conxunta "Escribir ARTE na Mariña ".

Nesta ocasión, acompáñanos no acto de inauguración Dª María Loureiro García, alcaldesa do Concello de Viveiro, Dª María José Gómez Rodríguez, xefa territorial de Educación en Lugo, Carmen Areán Vázquez do Servicio territorial de Inspección educativa de Lugo. Dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares, estivo connosco Dª Beatriz González Blanco, asesora da Zona Norte. Representantes dos equipos directivos dos centros educativos participantes e as coordinadoras/es dos proxectos. Facendo a función de Mestres de Cerimonias Marcos e Ana, coordinadores das bibliotecas do IES María Sarmiento e do IES Vilar Ponte respectivamente; con gran ilusión e abrumados pola gran acollida, demos por inaugurada a duodécima convocatoria da MICRORREDE PLAMBE A MARIÑA.

Nesta primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense, falou da súa última obra de banda deseñada VIVEIRO 1810, AUGAS MORTAIS e presentounos o seu próximo traballo.
Tivemos tamén a actuación musical de Amigos do folk, grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.







Publicacións populares deste blog

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!

Antía Yáñez, a voz da Mariña que conquista a literatura galega

A escritora Antía Yáñez , natural de Burela (1991) , vén de gañar o Premio Raíña Lupa 2025 da Deputación da Coruña pola súa obra Bragakadabra , unha historia chea de humor, maxia e reflexión social. Recoñecida xa como unha das voces máis prometedoras da narrativa galega, Antía destacou dende o seu debut con Senlleiras (Premio Illa Nova 2018), e continuou cunha traxectoria sólida e diversa, con títulos como Non penses nun elefante rosa , O misterio de Portomarín ou Be Water, my friend . En Bragakadabra , a autora volve combinar fantasía e compromiso social, convidando a ler, rir e pensar. Defensora da lingua e da cultura galega, Antía Yáñez continúa a escribir dende Galicia con orgullo e talento, construíndo un camiño que inspira ás novas xeracións lectoras. Dende a Biblioteca do IES Vilar Ponte , celebramos este merecido recoñecemento e animamos a descubrir a súa obra, tan próxima e tan universal ao tempo. Páxina oficial de Antía Yáñez Entrevista a Antía Yáñez en Vozpopul...