Saltar ao contido principal

Publicacións

  Onte encheuse o corredor da biblioteca de ilusión🎄✨  Había voluntarios que emerxían por todas partes: as voluntarias do Pastor Díaz traendo as etiquetas para o panel dos desexos de Nadal, alumnado hinchando globos para a entrada, voluntarias creando actividades de nadal,... non se pode pedir máis en advento.✨❤️  O muro dos desexos onte cobrou vida. O alumnado de todo o centro irá colgando os seus desexos ( en todas as linguas que estudan) e formarán no ventanal do corredor, un muro cheo de desexos de cara a Aninovo✨  Ogallá teñamos que incorporar moitas ringleiras de desexos, irémosvolo contando cada semana!  @bescolaresgal   #plambe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Adiviñanzas de advento

 ACTIVIDADE🎄🎁  Adiviñanzas de advento na biblio!   Cada día, na biblioteca, abrirase un sobre cunha adiviñanza❤️✨.  🕵🏻‍♀️🕵🏾🔍 Averigua, busca e insire a tua resposta na furna.  As respostas correctas participarán no sorteo do 22 de pequenos detalles de nadal! 🎁🎁🎁✨✨✨  @bescolaresgal   #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe

Calendario literario de advento

 Comezamos ADVENTO!✨ Este ano, presentámosvos un calendario literario de advento. Unha recomendación lectora diaria para todxs vós elexida con mimo por parte de todos e todas as voluntarias da biblio.   Pronto vos ensinamos a exposición que irá cambiando diariamente en formato físico e por aquí en formato dixital.   @bescolaresgal   #plambe #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Valoración da obra do "Le petit Nicolas"

  Le Petit Nicolas. Qu'est-ce qu'on attend pour être heureux?  A obra que o alumnado de francés foi valorar e ver ao festival de cine de Xixón está baseada nos autores e na persoaxe de Nicolas.   Na biblioteca temos varios exemplares editados e ilustrados por Sempé e Goscinny, podedes botarlles unha ollada no corredor da biblio✨  @bescolaresgal   #plambe #bescolaresgalabertas #bescolaresgal

Torneo de xadrez

 Torneo de Xadrez nos recreos do 12 e 19 de Decembro.   📝Anótate na biblio ata o 7 de Decembro!  #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Roteiro narrado en francés

 Hoxe o alumnado de 2º de BAC de francés fixo un roteiro por Viveiro narrado en francés. ✨

O club de manga visita a Expotaku

  O club de manga hoxe visita a Expotaku🥢🍱🍙🥟🍜👘⛩ Anime, cosplay, gameplay de todo! 

Happy Thanksgiving

🍁🍁🍁Happy Thanksgiving!🍁🍁🍁 O xoves celébrase o Thanksgiving ou día de Acción de Grazas. O alumnado xunto coa teacher Nuria para conmemorar tal data crearon este mural.✨ Agradecendo cada unha/ un algo da súa vida. Vide a biblioteca votarlle un ollo á exposición!👀 🍁I'm thankful for... 🍁 O alumnado de inglés seguiu creando para dar grazas nesta data. Eles e elas están agradecidos por moitos motivos e ti? ✨ Que bonito mural cheo de follas con mensaxes de agradecemento que fixeron con Lucía. 🍁✨ Agardamos que  disfrurades desta festividade!

Lixeiro- Lectura do Liber Amoenus

  Estaba esgotado, pero xa o temos connosco!✨ A obra de @ismaelramosc 'Lixeiro' é unha das nosas lecturas do club Liber amoenus! Para a semana, comezamos📚📚📚 #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #plambe

🌟Hollywood walk of fame🌟

 🌟Hollywood walk of fame🌟 Antiga Grecia Edition.  O alumnado de 3º de Cultura Clásica recrearon o paseo da fama, versión Antiga Grecia. Hai unha estrela vinculada a cada persoaxe célebre. Vos sodes máis de Platón ou de Sócrates? Para debatir sobre as persoaxes, só tedes que viralas estrelas do paseo e veredes información de interese.  Xa sabedes, o paseo da fama, agora, está no corredor da biblioteca!✨

Despedímonos do Meiga!

  Despedímonos de Meiga, o noso programa informático para darlle a benvida a un novo que cambiará a forma de traballar na biblio!✨

O muro das obras maestras

  🏆✨O muro das obras maestras✨🏆 A semana pasada abrimos este novo espazo na biblio do Pastor Díaz. No muro das Obras maestras estarán colgadas todas as obras que resulten gañadoras dos premios deste curso escolar. ✨

Comeza a viaxe das mochilas viaxeiras!

  Esta semana enviamos á familias información sobre as mochilas viaxeiras🎒🎒🎒 Hai 5 temáticas na nosa biblio: feminista, científica, histórica, terrorífica e de aventuras! En cada unha delas agardannos libros, xogos e un caderno de viaxe. Cada mochila rotará de alumno en alumno.❤️🎒 Xa vos iremos mostrando o contido delas, primeiro, o disfrute da sorpresa!✨

Festival internacional do cine de Gijón + Jovellanos + Laboral Cidade da cultura

  O alumnado de francés do IES Vilar Ponte forman parte do xurado do Festival Internacional de cine de Xixón. 🎬 Disfrutaron do filme Petit Nicolas na sección de Enfants Terribles e valoraron a súa candidatura no festival. Sendo est a a súa première en España! Logo de ver, disfrutar e valorar o filme, visitaron o teatro jovellanos e o centro de Gijón para coller rumbo á Cidade da Cultura. Alí, unha guía mostroulles os edificios, os escearios, a distribución actual e antiga do conxunto de inmobles, subimos á torre e entramos ás cociñas. Foi un luxo!

Logo club de lectura manga

  O club de manga non tiña unha imaxe para definirse, así pois, este ano, antes de comezar, creamos un taller para crear o logo do club. Os membros fixeron unha posta en común do que lles apetecía que contivese o logo do club, así como participaron e crearon o seu deseño.  A primeira reunión para elaborar o logo foi o día 18 de Outubro nos recreos da biblioteca. Logo, reunímonos nos recreos ata chegar ao resultado final.  Observa o proceso de creación a continuación:  

Día das librarías

  Hoxe é o día das Librarías! ✨ Coas librerías tecemos redes, manténdonos vivas e activas, dinamizando os nosos entornos. Xeran cultura á comunidade a través dos libros e a lectura. As librarías do pequeno comercio de Viveiro poñennolo doado para facernos unha achega a todo un mundo por descubrir. ✨ Feliz día! ✨

MAVI: A maleta viaxeira contra a violencia de xénero

  Vai unhas semanas foi presentado no Concello de Viveiro o proxecto "MAVI: a Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero". Esta maleta percorrerá outros centros e asociacións da vila, iniciando a súa andaina aquí, no IES Vilar Ponte. ✨ No seu interior, un diario de abordo, achega ao alumnado libros de diferentes temáticas relacionadas co feminismo, a igualdade, o empoderamento, a autoestima ou a violencia machista. 📣Hai 604 casos activos de violencia de xénero na provincia de Lugo, seguindo os datos recollidos no Viogén. Dende a biblioteca, a traves da iniciativa MAVI, así como no recuncho feminista, invitamos ao alumnado á reflexión, á sensibilización e á concienciación para conseguir unha sociedade máis igualitaria, libre de violencias e con pensamento crítico. Hoxe o alumnado comezou coa lectura deste proxecto! ✨

Avances na biblio VP

A biblioteca do Pastor Díaz vai collendo forma. O alumnado voluntario comeza a encher as baldas e os expositores de libros para uso en sala.  E as exposicións do alumnado comezan a encher as paredes da biblioteca.  Ademáis, o equipo voluntario, está rexistrando os libros que hai en sala, para poder migrar a Koha con todos os libros ben catalogados. 

Entrega de premios: CONCURSO DE EPITAFIOS E TWEETS TERRORÍFICOS

  Onte entregaronse os premios de " Epitafios" e " Tweets terroríficos" dos concursos de Samaín. O xurado , integrado polo grupo de voluntarias de Bacharelato, amenizou e organizou a entrega. Eva, alumna de 2° de BAC fixo a entrega aos gañadores e gañadoras.🦇 ✨ Queredes ver as obras? A semana próxima veredes as obras e onde están ubicadas❤️