Saltar ao contido principal

Publicacións

Celebramos Samain

Hoxe, 31 de outubro, celebramos Samain no IES Vilar Ponte con un magosto, concursos, exposicións  e unha biblioteca arrepiante.  

TRABALLOS DÍA DAS ESCRITORAS

Hoxe mostramos os traballos de Lingua e Literatura Castelá dos alumnos de 2º da E.S.O. con motivo da celebración do Día das Escritoras. Podes atopalos na entrada da nosa Biblioteca con unha chea de recomendacións lectoras.

24 OUTUBRO 2023 FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!

  O lema deste ano, “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen á cidadanía. #bibliotecasescolaresdegalicia   #bescolaresgalabertas   #díadasbibliotecas   #bibliovilarponte

16 DE OUTUBRO DÍA DAS ESCRITORAS

 Esta semana celebramos o día das escritoras. Fixémolo coa axuda dunha recomendación diaria, baseada naquelas obras propostas pola Biblioteca Nacional coas que contábamos na nosa biblioteca. Ademais, contamos cunha exposición de obras escritas por mulleres. Animádevos a coñecelas!

MOCHILAS VIAXEIRAS

  Esta semana comeza a aventura das nosas mochilas viaxeiras.  Temos catro temáticas na nosa biblioteca: histórico-feminista, científica, ciencia ficción e terror. O contido de cada unha delas é ben variado, xa o iredes descubrindo: non queremos cargarnos a sorpresa!

VIVETERROR: O concurso de relatos de medo en galego.

 Chegou outubro, o mes máis terrorífico! E con el o VIVETERROR o concurso de relatos máis arrepiante do ano. Participa!!!! BASES DO CONCURSO O relato debe ter un máximo de 100 palabras e estar escrito en galego. A temática debe ser de terror e estar relacionada co Sanmaín. Identifícate: ponlle nome e apelidos. Entrega o teu relato na Biblio Vilar Ponte antes do 3 de novembro. Un xurado formado por docentes decidirá cal e o mellor relato. A persoa gañadora recibirá un lote de libros.
 

10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental

Hoxe, Martes 10 de outubro, celebramos o Día Mundial da Saúde Mental cunha exposición de diversos materiais (libros e películas) que abordan esta temática desde diferentes puntos de vista.

EXPOSICIÓN do conto artístico "Rulando unha historia"

 Estas semanas podemos disfrutar da Exposición  EscribirARTE na nosa biblioteca. Trátase dun conto colaborativo e artístico no que participaron case vinte centros da Mariña lucense. A mostra permite desfrutar do proxecto creativo dos nosos alumnos e que leva por título  "Rulando unha historia".
A biblioteca Vilar Ponte abre as súas portas de novo cunha chea de actividades e materiais para o próximo curso 2023-2024. Achégache e descobre: Torneos. Películas. Xogos de mesa. Novelas. Cómics. Exposicións. Clubs de lectura. Concursos. E ademais podes ser voluntario e contribuír á túa biblioteca escolar!!!

A nova disposición da biblioteca e cambio de CDU's

A biblioteca ten unha nova disposición e as CDU's están cambiadas e actualizadas. Agardamos que vos gusten os cambios.  

The people we admire

  O alumnado do curso de 3º A fixo unha exposición das persoas que adminan en  inglés. A que persoa admirades vos? 

XV Xornadas dos Clubs de Lectura

  Hoxe participaos nas XV Xornadas de Clubs de Lectura. Como ven dixo  Olga Novo, aprendemos a "ler o infinito" para seguir alimentando á nosa rapazada e a nós mesmas.

Visita de Celso Fernández Sanmartín

 O alumnado de 1º de ESO puido disfrutar da visita de Celso Fernández Sanmartín e da nosa literatura oral. 

Correlingua 2023

O alumnado viaxou ata Vilanova de Lourenzá para realizar o Correlingua pola vila natal de Francisco Fernández del Riego.  Realizaron o percorrido gritando o lema de " Na casa, na escola, bota a lingua fóra! Acto seguido, disfrutaron da música coa Mekánika Rolling Band. 

Roteiro Literario Francisco Fernández del Riego

  O alumnado de 1º de ESO fixo o roteiro literario de Francisco Fernández del Riego, as 9 paradas designadas polo Concello de Lourenzá e que o alumnado de 4º e 1º de BAC expuxeron no corredor da biblioteca.  A ponte da pedra, foi unha das súas paradas favoritas. 

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

  Despois das xornadas do club de lectura, o alumnado recreou un roteiro literario polos puntos que visita Francisco Fernández del Riego na súa obra Lourenzá.  A través dun código QR o alumnado do centro podería ver, punto por punto cada parada do roteiro e logo, o alumnado de 1º de ESO foi o que puido facer in situ o propio roteiro.  Ademáis, houbo unha exposición con todas as obras do autor: O cego de Pumardedón, Lourenzá, ....

Scape Room na biblioteca

As alumnas do club de lectura de 2º de BAC no seu derradeiro luns de club, fixeron un Scape Room do Oriente Express. Tiveron 90 minutos para sair do vagón!

Despedida das voluntarias de 2º de BAC

Son moitas as horas adicadas á biblioteca por parte dos voluntarios en xeral, pero estas tres persoiñas, adicaron tantas horas a este recuncho que son capaces de saber cantos exemplares hai de cada libro das lecturas obrigatorias dos derradeiros anos.  Elas son Sabe, Eva e Noa, tres alumnas incansables que adicaron cada minuto de lecer a mellorar a calidade da biblioteca, a dinamizar actividades, a crear contido, a brindarlle luz aos libros que estaban máis escondidos.  Hoxe despedímolas na derradeira comida do club de lectura cun agasallo, un deses tantos libros que querían ler cando a ABAU rematara.  Sentímonos tan orgullosas da súa labor que agardamos que lles vaia fenomenal na próxima andaina na que se somerxan. Grazas por acompañarnos todos estos anos na biblioteca, vaivos botar moito de menos!

Representación de O enfermo imaxinario

     A representación foi levada a cabo despois dun longo traballo por parte do alumnado de Literatura Universal. O alumnado creou detalles para os seus persoaxes: un bigote, un fonendo, un lazo de cartolina,...) e representárono con moito sentimento. Os vídeos da representación podedes velos en historias destacadas no noso instagram.