O lema deste ano, “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen á cidadanía.
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!
