O vindeiro 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Grazas ao estupendo traballo do alumnado de PDC do IES Frei Martín Sarmiento, podemos coñecer algo máis sobre algunhas das mulleres galegas de prestixo. Co noso agradecemento e parabéns, compartimos o seu espléndido traballo, que, unha vez máis, demostra a xenerosidade que hai entre as bibliotecas escolares de Galicia. Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo .
Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!
A Biblioteca IES Vilar Ponte celebra esta semana o día do cómic e o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia, do curso 2023-2024 co lema UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS que quere poñer o foco nas posibilidades que a banda deseñada ofrece. Os alumnos de 1° da ESO de Lingua Galega e Literatura da man da profesora Mercedes López crearon as suas propias viñetas baixo o título: "PERSONAXES DA BANDA DESEÑADA EN VIVEIRO" Están expostas no vestíbulo do edifico Pastor Díaz: A Biblioteca Vilar Ponte súmase a celebrar o día do cómic recomendando as novas incorporacións da banda deseñada que podedes encontrar na vosa biblioteca:
Comentarios