Saltar ao contido principal

Publicacións

A Biblio Vilar Ponte presenta GOT TALENT edición Vilar Ponte.

  ATENCIÓN ESTUDANTES* Precisamos a vosa colaboración para as actividades do último día do trimestre: o festival de Nadal. Se queres amosarnos o teu talento ou estás disposto/a a axudar, esperámoste no 2º RECREO do MARTES 5. #bibliotecasescolaresdegalicia   #bescolaresgalabertas   #plambe   #nadal   #festivalnadal

V Premio de Novela Vilar Ponte

 📖O Concello de Viveiro entrega hoxe, venres 1 de decembro, o V Premio de Novela Vilar Ponte 🕣O acto terá lugar ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz 🏆A obra galardoada no certame organizado polo Concello foi 'Pero... Como morren as pegas?' de Óscar Manuel Guzmán Álvarez. Resultou finalista 'Letras azuis sobre formigón gris', de María Cristina Rey Vázquez 👉O xurado do concurso estivo conformado polo historiador e cronista oficial da vila Carlos Nuevo Cal, o investigador e crítico literario Armando Requeixo Cuba e a xornalista cultural Montserrat Dopico González

1 de Decembro Día Mundial do SIDA.

  O 1 de Decembro celébrase o Día Mundial da SIDA. Queremos recomendarvos unha lectura con esta temática e recalcar a importancia da prevención do VIH e a inclusión e non discriminación das persoas que padecen a enfermidade ou son portadoras do virus. Trátase da obra de Marina Mayoral "Se llamaba Luis"

30 de novembro de 1803, primeira expedición sanitaria internacional da historia.

  O 30 de novembro de 1803 desde o porto da Coruña (España) parte a Real Expedición Filantrópica da Vacina, un navío con 37 persoas cuxo fin era levar a vacina da viruela a calquera parte do imperio Español. Considérase a primeira expedición sanitaria internacional da historia.  Na nosa biblioteca podes encontrar o título sobre a expedición: Novo Mundo conta a vida de Isabel Zendal, a enfermeira daquela expedición. Unha muller nada nunha humilde familia de campesiños e obrigada a criar ao seu fillo en solitario que acabou por converterse en elo imprescindible dunha xesta que supuxo un punto de inflexión na historia da medicina, dunha viaxe que cambiou o mundo tal e como se coñecía ata entón.

Novembro mes da ciencia na nosa biblioteca.

  Novembro foi o mes da ciencia na nosa biblioteca. Celebrámolo coa exposición de maquetas da célula do alumnado de 4º da ESO. Ademais, propuxemos ler ciencia coas recomendacións á entrada da biblio e demos visibilidade aos nosos científicos e científicas. Ainda estades a tempo de visitalas! #bibliotecasescolaresdegalicia   #bescolaresgal   #bescolaresabertas   #plambe   #ciencia

Semana da Discapacidade

  Do 27 de novembro ao 4 de decembro de 2023 o Parlamento Europeo comprometeuse a garantir que todas as persoas con discapacidade poidan levar unha vida independente e estar plenamente integradas na sociedade. Desde a Biblioteca queremos recomendarvos títulos relacionados coa igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade:

Xornada Cross Escolar en Lourenzá. PLAN PROXECTA.

  Para o noso instituto a práctica deportiva é fundamental. Por iso, o pasado 17 de novembro, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou na Xornada de Cross Escolar en Lourenzá. Moitas grazas polo esforzo aos/ás nosos/as deportistas! #planproxecta

Fondo pesar polo pasamento do escritor coruñes Miguel López, máis coñecido como Hematocrítico.

  Hoxe queremos lembrar a Hematocrítico , autor infantil, comunicador, escritor e docente, que tristemente nos deixou onte. Desde a Biblioteca IES Vilar Ponte queremos enviar unha forte aperta á súa familia e persoas queridas. No noso recordo estarán todas as súas obras e a súa dedicación aos escolares.

25 anos do nacemento de Gloria Fuertes.

  Cúmprense 25 anos do nacemento da escritora Gloria Fortes, galardoada co Diploma Hans Christian Andersen de Literatura Infantil. Seu centenario celebrouse en 2017. Polifacética nas súas facetas literaria e musical destacou sobre todo coas súas obras dedicadas ao público infantil e escolar. Se hai unha imaxe de Gloria Fortes no imaxinario colectivo é o da escritora percorrendo Madrid na súa moto ou recitando os seus poemas. En el árbol de mi pecho En el árbol de mi pecho hay un pájaro encarnado. Cuando te veo se asusta, aletea, lanza saltos. En el árbol de mi pecho hay un pájaro encarnado. Cuando te veo se asusta, ¡eres un espantapájaros!

25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

  Con motivo do día Internacional contra a Violencia de Xénero os alumnos de 3° PDC coa colaboración dos voluntarios da Biblioteca realizaron un mural sobre o 25 N. O mural cóntanos a historia das irmás Mirabal , coñecidas como "As Bolboretas", mulleres que loitaron pola liberdade do seu país e que foron asasinadas o 25 de novembro de 1960. A partir deste feito, o mural recolle todos as datas importantes no avance contra a violencia de Xénero.

21 DE NOVEMBRO: DÍA DA ACTRIZ MARÍA CASARES

 Celebramos o nacemento da actriz coruñesa María Casares na nosa Biblioteca cunha das novedades de recente adquisición: o libro de María Canosa. ilustrado por Bea Gregores e editado por Bululú. Para saber máis sobre María Casares, podes navegar na páxina do seu centenario: 2022 CENTENARIO MARÍA CASARES

PREMIADOS CONCURSOS DO SAMAÍN

 Esta semana resolvimos os concursos do Samaín. Parabéns á gañadora ao Mellor Microrrelato do Samaín en galego: Karla Victoria Fuenmayor Blanco e ó gañador do Concurso de Personaxes Ocultos do Samaín: Antón Manso Pazos.

CONCURSO DE POSTAIS DO IES VILAR PONTE 2023

  CONCURSO DE POSTAIS DO IES VILAR PONTE 2023  BASES: 1.Poderá participar todo o alumnado matriculado neste IES no curso 2023/24. 2.Os traballos presentados a concurso   deberán ser orixinais e inéditos. Os textos que acompañen as ilustracións poderán estar redactados indistintamente en galego, castelán, inglés ou francés. 3. O tema estará relacionado co Nadal ( pode ser relixioso ou non). 4. O tamaño da postal tradicional será exclusivamente en tamaño folio ou menor. 5. A técnica será libre (agás tratamento informático) sobre cartolina branca ou de cor. 6. Haberá dúas modalidades, a de POSTAL TRADICIONAL, e a POSTAL TRIDIMENSIONAL. Para a postal tradicional haberá as seguintes categorias: PRIMEIRA CATEGORÍA: Alumnos-as de 1º ciclo da ESO ( 1º e 2º da ESO) SEGUNDA CATEGORÍA: Alumnos-as de 2º ciclo da ESO ( 3º e 4º da ESO) TERCEIRA CATEGORÍA: Alumnos-as de 1ºe2º de Bac. PARA A POSTAL TRIDIMENSIONAL SÓ HABERÁ UNHA CATEGORÍA. 7. Cada participante e...

17 de novembro, Día Internacional do Estudante.

 Parabéns estudantes!!! Hoxe celébrase o voso día e dende a Biblio IES Vilar Ponte felicitamosvos e recordamos o importante que son as nosas Bibliotecas escolares como espazo académico e de traballo para os estudantes, docentes e demais membros da comunidad educativa.

Novembro, mes da Ciencia.

Ler Ciencia na Biblioteca: a exposición do mes novembro, mes da Ciencia, está dedicada as mulleres científicas, aos inventores e inventoras galegas e sobre todo aos títulos da nosa biblioteca para animarvos a ler sobre ciencia.

11 de Novembro, Día das Librarías

Hoxe, 11 de Novembro celebrase o Día das Librarías, lugares máxicos onde atopar centos de historias entre as pàxinas dos seus libros.

10 de Novembro, Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.

Hoxe, 10 de Novembro celebrase segundo a UNESCO o Día Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Xerar coñecemento e comprensión a través da Ciencia pode permitir atopar solucións años graves problemas económicos, sociais e ambientais actuáis e lograr un Desenvolvemento sostible e unas sociedades máis verdes

9 DE NOVEMBRO, DÍA DOS INVENTORES.

  Hoxe, 9 de novembro celebramos o nacemento de Hedwig Eva María Kiesler, coñecida como Hedy Lamarr, foi unha actriz de cinema e inventora austríaca. Inventou a primera versión do espectro alargado que permitiría as comunicacions inalámbricas de longas distancias.

Emprestar, doar. Contamos contigo?

  Todos e todas formamos parte desta comunidade educativa, así que, por que non axudarnos entre nós?     Se tes libros de lectura obrigatoria na casa podés colaborar de xeito altruista coa biblioteca e cós teus compañeiros e compañerias.

Día da Biblioteca. Visita a Biblioteca del IES Vilar Ponte

Ademais de visitar a biblioteca municipal, o alumnado de 1º e 2º da ESO participou nunhas sesións de formación coas profes do Equipo da Biblioteca. Coñeceron as salas, a CDU, aprenderon a buscar materiais a través dun xogo de pistas e descubriron as actividades e proxectos nos que participamos.