Saltar ao contido principal

25 anos do nacemento de Gloria Fuertes.

 Cúmprense 25 anos do nacemento da escritora Gloria Fortes, galardoada co Diploma Hans Christian Andersen de Literatura Infantil. Seu centenario celebrouse en 2017.

Polifacética nas súas facetas literaria e musical destacou sobre todo coas súas obras dedicadas ao público infantil e escolar.

Se hai unha imaxe de Gloria Fortes no imaxinario colectivo é o da escritora percorrendo Madrid na súa moto ou recitando os seus poemas.


En el árbol de mi pecho

En el árbol de mi pecho
hay un pájaro encarnado.

Cuando te veo se asusta,
aletea, lanza saltos.

En el árbol de mi pecho
hay un pájaro encarnado.

Cuando te veo se asusta,
¡eres un espantapájaros!

Publicacións populares deste blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

Estamos de estreo . Andamos poñendo en marcha o primeiro club de lectura do Vilar Ponte. Xa ten nome, liber amoenus , xa ten membros anotados, de 4º e 1º de Bac, e xa ten blog. E como empezamos ambiciosos, imos comenzar uníndonos ao IES de Foz na lectura dun clásico de tódolos tempos, Asesinato en el Orient Express de Agatha Christie . Primeiro faremos unha reunión no noso centro para comentar a obra e logo unha reunión conxunta a través de vídeo-conferencia, dependendo dos medios do Concello. Tedes o enlace ao blog de liber amoenus na columna do centro. Alí iremos poñendo máis información. Esperamos contar cada vez con máis membros e poder facer grupos doutros cursos. Animádevos!

17 de maio - Día das Letras Galegas 2025

 Bo día a todas e todos! Hoxe vimos contarvos o que fixemos o venres pasado, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega para celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas . Ao longo da mañá, o alumnado e algúns profes tiveron que completar o mural que deseñou Sara dende Dinamización, e viñeron por grupos con moita ilusión a aportar o seu graniño de area, cada un cun adhesivo para formar o mural. Este adhesivo, colocado nas súas mesas previamente, ía acompañado das instrucións de como utilizalo e duns versos de diferentes coplas tradicionais que algúns se animaron a recitar a viva voz. Ademáis deste mural tan chulo formado por todos e cada un dos alumnos e alumnas que forman parte do centro, parte do equipo de biblio, de Dinamización e ata a conserxe María, moi ben rodeadas dun grupo de alumnas, honramos á música e á tradición oral que se celebra neste día facendo de cantareiras durante o recreo, cantando temas tan coñecidos como Catro vellos mariñeiros . Foi un día...

19 de xuño - Xincana de final de curso

 Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO.  O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!