Benvidos a un novo curso no insti!!!!!

Este ano quixemos comezar a andaina da biblio facendo unha formación de usuarios algo diferente para a rapazada de 1º da ESO. Despois de escoitar unha aburridísima explicación sobre como se organiza a nosa biblioteca, participaron nun scape room no que, a través de pistas, atopabamos libros e pelis onde se escondías os díxitos que abrían a nosa caixa forte. Non debeu ser moi fácil, pois so dous grupos conseguiron saber o que escondía. Pasámolo xenial e aprendimos a buscar calquera título nesta maraña de obras.






Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.