AS LECCIÓNS DE JORDI SIERRA I FABRA

O pasado 30 de outubro tivemos a grandísima honra de asistir a un encontro con Jordi Sierra i Fabra. Taty Prieto, alumna de 1º de ESO A, que acudiu ao evento, conta o que pasou deste xeito:

"O día 30 de outubro a miña clase e moitas máis fomos ao teatro ver a un gran escritor chamado Jordi SIerra i Fabra. El é o autor de libros como El asesinato del profesor de matemáticas, La fábrica de nubes...
Nesa reunión, porque non pensedes que foi unha charla na que estás aburrida e so pensas en cando rematará, falouno de cantos libros publicara (507 nin máis nin menos!), fixo chistes, fixémoslle preguntas, riu con nós e, nalgún caso, de nós, pero con cariño, e cando nos iamos ir, firmounos os libros que levabamos.


Pero quizais o máis importante de todo foi o consello que nos deu: que persigamos os nosos soños e que non deixemos que ninguén nos diga o que podemos ser de maiores.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.