Sempre recordaremos o curso 2020-2021 como un curso con moitas normas e restriccións. Este foi o curso das mascarillas, dos xeles desinfectantes, dos aforos, dos grupos burbulla, dos espazos e recintos marcados, etc. Sen embargo, a pesar de todos os inconvintes, logramos levar a cabo distintas actividades que nos aportaron certa normalidade á toda a comunidade educativa.
Deixamos aquí esta presentación como resumo das actividades realizadas e coa finalidade de rememorar o feito ao longo destes meses nos que superamos un difícil curso.
Grazas a tod@s os que contribuiron e participaron!
Bo día a todas e todos! Como xa sabedes, a semana pasada estivo ben cargadiña de actividades. O xoves, dende o equipo de biblioteca, preparamos unha xincana para todo o centro, na que participaron rapaces e rapazas dende 1º ata 4º da ESO. O alumnado podía apuntar aos seus equipos para pasar as 12 probas coas que contaba esta xincana. Doce probas que estaban repartidas por todo o patio do centro, a cafetería, a biblioteca e algunha clase. A participación foi moi alta e houbo moitísima enerxía e risas por todas partes, especialmente nas carreiras de sacos! Sudouse moito, pero imos de vacacións xa liberadas e liberados de toda a tensión acumulada do curso. Ata a próxima!