Neste día tan importante, cunha reivindicación tan necesaria, levamos a cabo dende a nosa biblioteca dúas actividades co alumnado de 3º e 4º da ESO.
Nun primeiro lugar, quixemos incidir na visualización dos micromachismos como unha manifestación desa violencia que queremos eliminar. A través da proxección de curtas durante as horas de titoría, reflexionamos sobre o tema e elaboramos uns "bocadillos" nos que quixemos plasmar algunhas das frases micromachistas que escoitamos a diario. Con estes bocadillos enchimos o corredor da planta baixa do edificio 1.
Que mellor ocasión para inaugurar a canle de Spotify da biblio? Pois iso. Esas mesmas frases foron gravadas en audio polo alumnado, cos que publicamos o podcast inaugural da canle. Clica aquí para escoitalo porque... ¡¡¡A biblioteca escolar toma a palabra!!!
O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...


