Todos e todas nós coñecemos a forma de celebrar o día de Santos na cultura anglosaxona e na cultura celta. Ademais, grazas en parte ao cinema, en especial despois da estrea de Coco, tamén sabemos algo desta festa en México. Pero... e no resto do mundo? A rapazada de 2º da ESO tamén se fixo esta pregunta e, coa axuda de Xema, do departamento de Lingua galega, e empregando recursosvarios da biblio, inicio unha investigación para averigualo. Como non podía ser doutro xeito, quixemos deixar constancia dos noso descubrimentos nun vídeo. Así que dalle ao play e descúbreos, pois... a biblioteca escolar ten a palabra!!!!
O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...