Co gallo do mes da ciencia en galego, fixemos unha exposición nos corredores do edificio 1 en colaboración co Ceida. Trátase de 15 paneis con información en galego sobre o cambio climático que de seguro son de grande utilidade.
O Ceida tamén trouxo unha maleta mariñeira, chea de títulos relacionados co mar e cos problemas que lle afectan. A maior parte deste material está en galego e forma parte dunha mostra de libros científicos en galego que se atopa na entrada da nosa biblioteca, na que podedes curiosear pero tamén levar cousiñas prestadas.
Mergúllate na ciencia, e faino na nosa lingua!!!!
O Samaín é unha das tradicións máis antigas da nosa cultura. Herdeiro das celebracións celtas coas que se despedía o verán e se daba a benvida ao inverno, este tempo simboliza o paso entre dous mundos: o dos vivos e o dos espíritos. Fogares, vilas e escolas énchense de luces, cabazas e historias misteriosas que manteñen viva a nosa memoria colectiva. No IES Vilar Ponte , quixemos celebrar o Samaín dende a Biblioteca Escolar , en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega , convertendo o centro nun espazo de creación, misterio e lectura compartida a través das seguintes actividades: Decoración da Biblioteca por parte do alumnado de 3º ESO C. Concurso de microrrelatos de terror para todo o alumnado da ESO. Xincana de Samaín para o alumnado de 1º da ESO Concurso de portas terroríficas dirixido ao alumnado de 1º e 2º da ESO. 📖 As palabras tamén poden dar medo O Concurso de Microrrelatos de Terror invitou ao alumnado a deixar voar a súa imaxinación máis escura e p...




