Hoxe, 5 de Xaneiro celebramos o nacemento da artista Maruja Mallo.


A pintora Maruja Mallo nacía o 5 de xaneiro de 1902 en Viveiro. Maruja sentiu desde pequena paixón pola arte que o seu pai axudou a desenvolver permitíndolle estudar en distintas escolas artísticas ata que, cando a familia trasladouse a Madrid, empezou a estudar na Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Alí coñeceu a algúns dos grandes xenios da súa época como Dalí, Buñuel ou García Lorca. 

Na década dos 20 empezou a colaborar en distintas publicacións literarias e deseñou a portada de varios libros. En 1928 organizouse nos salóns da Revista de Occidente a primeira exposición coa súa obra. Desde entón, os seus magníficos cadros cheos de luz e de vida convertéronse en parte da vangarda artística. 

En 1932 marchouse a París grazas a unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudos onde continuou perfeccionando a súa arte e entrando en contacto co máis selecto do surrealismo francés. Ese mesmo ano expoñía na Galería Pierre. Mallo traballou con Alberti, Miguel Hernández e outras personalidades da cultura española daquelas primeiras décadas do século XX. Tamén participou en importantes traballos de escenografía e expuxo en distintas cidades españolas e do resto de Europa.

A Guerra Civil obligou a Maruja a exiliarse a América. viviu en distintos países como Chile ou Argentina onde recibiu un importante reconocemento e se gañou a vida colaborando en distintas revistas mentras seu arte seguía expoñéndose por medio mundo. 

En 1962 volvía a España onde continuó desenvolvendo sua arte e seguiu formando parte dos círculos culturais e expoñendo sua obra. Faleceu en Madrid a os 93 anos. 

El taller de Artemisia:

https://www.todostuslibros.com/libros/el-taller-de-artemisia_978-84-18216-64-0


Comentarios

Entradas populares de este blog

Vive connosco nun "liber amoenus"

8 de marzo: Día da muller

17 de marzo, día do cómic.