Saltar ao contido principal

Publicacións

II Certame de poesía, fallo do xurado

Reunido o xurado do Certame de Poesía, integrado por tres profesores do Centro, ACORDA CONCEDER os seguintes premios (pola súa creatividade e bo facer) ó alumnado que de seguido se relaciona: 1º PREMIO , OBRA: "Á totalidade de poemas, haikus e acrósticos" AUTORA: Celia Bruzos Labordeta (1º ESO c) 2º PREMIO , OBRA: "A noite e o día" AUTOR: Bruno Sánchez Fernández (1º ESO C) 3º PREMIO EX AEQUO OBRA: "El viento" AUtora: Carla Prieto Pita (1º ESO C) OBRA: "Soledad" AUTORA: Jessica Pérez González (1º ESO C) 1º PREMIO : Celia Bruzos Labordeta ACRÓSTICOS C aminos largos E mpezdos a recorrer L entos pero constantes I remos a ver, en el libro de la vida A y, ¿dónde conseguiremos leer? I gualdad es lo que-dicen-pedimos V amos a ser sinceros... ¿ A  cuántos de nosotros N os han tomado el pelo? S olo tú haces sentir A  esta pobre infeliz R eina de un castillo A miga y tu apren...

Exposición "Os soños de Manuel María"

A biblioteca do IES Vilar Ponte colabora no traballo conxunto da Microrrede A Mariña organizando unha exposición, no teatro Pastor Díaz, adicada a Manuel María para celebrar a semana das Letras Galegas. Esta exposición que leva por nome "Os soños de Manuel María" terá lugar do 10 ao 13 de maio. Os alumnos de 4º de ESO elaboraron paneis para a presentación desta exposición coordinados pola profesora e coordinadora da biblioteca Ana Tato. Aquí tedes algunhas fotos do traballo realizado.

II Concurso de poesía Vilar Ponte

Destinatario : alumnado de 1º de ESO. Obxectivo: realización dun poema (en galego ou en castelán)  de características e  temática libres. O poema poderá acompañarse dunha foto ou ilustración alusiva. Prazo : mes de abril. Entrega : á profesora de Lingua, Mapy Martín. Presentación : en folio/ -s escrito/ -s a man ou a ordenador, firmado cun pseudónimo e achegando un sobre no que figurará, no seu interior, o nome completo e curso do autor e, no seu exterior, o pseudónimo escollido. Premios : 1º) Libro de poemas de Raúl Vacas “ Niños raros”, de SM. 2º) Libro de poemas de Manuel María “Os soños na gaiola”, editorial Casa-Museo de                                 Manuel María.                 3º) “Arroyo claro, fuente serena” de Juan Ramón Torregrosa, editorial Vicens-Vives. Resolución do xurado : o xurado estará integrado p...

Visita de Alfredo Gómez Cerdá

Onte, xoves 14 de abril, recibimos a visita de Alfredo Gómez Cerdá. Estivo con case setenta alumnos de 3º ESO e con outros tantos de 4º na hora seguinte, falando sobre a súa obra Los fantasmas del paraíso . Para recibilo e presentalo, o alumnado elaborou un vídeo que podedes ver aquí: 3º ESO: 4º ESO: E aquí tedes outro máis con todas as fotos da visita:

Preparando a visita de Alfredo Gómez Cerdá

O alumnado de 3º e 4º da ESO leva días preparando a visita dun escritor en lingua castelá que gusta moito aos nosos siareiros. Para facer a presentación do autor, os dous niveis fixeron cadanseu vídeo. Aquí tedes unha mostra do traballo: 3º ESO 4º ESO

Tapóns solidarios na nosa biblio

Como sabedes, desde final do curso pasado estivemos facendo recollida de tapóns de plástico para poder aportan un pequeno gran de area na axuda aos demais.  Este foi o produto do esforzo colectivo de todos os siareiros da nosa biblio: Finalmente, recorremos á Fundación Puro Cora (pertencente a El Progreso, que ten asinado un convenio con varias empresas e institucións desde hai tres anos para recoller eses tapóns que poden axudar a persoas que o precisan. Trala súa venta, o importe íntegro vai destinado a diferentes solicitudes, aprobadas por un equipo externo integrado por un médico, unha psicóloga, unha farmacéutica e unha graduada social.

You don't read, you don' understand

Atticus Shaffer é un actor estadounidense -nado en California no 1988- e coñecido polo seu papel como Brick Heck na serie de televisión The Middle . Padece osteoxénese imperfecta de tipo IV (coñecida como a "enfermidade dos ósos de crital"), un transtorno conxénito caracterizado pola fraxilidade e deformindade nos ósos.

30 de xaneiro: Día escolar da Paz e a Non Violencia

Este ano a noso recordo e desexo para un mundo un pouco mellor e con menos violencia tivo lugar na biblioteca no segundo recreo. Alumnas de Música de 4º da ESO interpretaron a canción de Cómplices Verdad que sería estupendo , mentres o alumnado de 3º A expoñía os carteis que estiveran traballando anteriormente. Velaquí tedes o resultado:

Samaín na biblio 2015

Este ano, para a celebración do Samaín, desde a biblioteca organizamos un concurso de decoración de cabazas de medo . O resultado foi espectacular!!! Debemos dicir que todo o equipo de biblioteca quedou gratamente sorprendido pola calidade dos traballos. A biblioteca quedou terrorificamente preciosa. Aquí o tedes: A entrega de premios terá lugar o martes 10 no segundo recreo . Todos os participantes debedes achegardos ata a biblio. Haberá sorpresas.

CIBES 2015

O 26, 27 e 28 de outubro tivo lugar en Madrid o Congreso Iberoamericano de Bibliotecas Escolares ( CIBES 2015 ) e as bibliotecas escolares da Microrrede da Mariña estivemos alí. Fixemos unha comunicación na que contabamos a nosa experiencia en grupo, como comezamos a traballar xuntas todas as bibliotecas escolares integradas no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares e como foron todos eses traballos conxuntos nos que tratamos de dinamizar a vida das nosas bibliotecas e dos nosos centros a través da lectura e a literatura. Levamos un vídeo de presentación das nosas biblios. Aquí podedes velo:

Arrincamos o curso indo ao cine

A primeira actividade deste curso 2015-16 promovida desde a biblioteca foi unha visita aos cines de Viveiro. Non podíamos deixar escapar a oportunidade de ver a versión cinematográfica dunha obra cuxa lectura disfrutamos especialmente no liber amoenus : A praia dos afogados de Domingo Villar. Todos os cuartos e primeiro de Bacharelato estiveron o día 20 de outubro nunha proxeción especial matinal, só para eles.

25 de novembro: Día en contra da Violencia de Xénero

A biblioteca do IES Lucus Augusti de Lugo fixo un excelente traballo sobre o tema que compartiu con todas as Bibliotecas Escolares de Galicia. Cómpre botarlle unha ollada: Parabéns e grazas por compartir.

Despedida de 2º de Bacharelato

O pasado mércores 4 tivo lugar o Acto de Despedida dos rapaces de 2º de Bacharelato, unha espléndida promoción con moitos siareiros da biblio e moitos integrandes do Liber Amoenus desde que chegaron ao centro a facer 1º da ESO. Xa se vos está empezando a botar de menos, rapaces. Boa sorte!

Procura de información na rede

Aprender a buscar na rede con eficiencia from olga rodriguez diaz Cos nosos parabéns por este espléndido traballo a Olga Rodríguez Díaz (CEIP Milladoiro de Malpica) e a Charo Sánchez-Gabriel (IES Sánchez Cantón de Pontevedra). Grazas por compartilo.

De aqueles contos...a novos finais

Como cada ano, as bibliotecas dos centros da Mariña lucense de Viveiro e outros próximos a el celebramos o Día do Libro preparando nos centros unha actividade conxunta que logo é exposta na Casa do Concello de Viveiro durante a semana que precede ao Día das Letras Galegas. Durante a semana da exposicións hai sesións de contacontos, actuacións musicais, etc. que fan as delicias dos máis pequenos viveirenses que acoden a velos. Este ano a actividade consistía en recoller un conto tradicional e darlle un novo final. Ademais, había que rematalo cunha pequena obra plástica. Aquí vos deixo as fotos da exposición: Exposición no Concello 2014 - Movie Maker Este ano o noso centro participou cunha actuación de contacontos musicados que podedes ver aquí: Actuación Concello 2014 - Movie Maker Podedes ver máis sobre a exposición neste ENLACE Outras bibliotecas dan conta nos seus blogs deste traballo de ilusión conxunta. Podedes velo clicando sobre o nome dos centros: ...

12 de maio: Día Escolar das Mat3máticas

Un ano máis celebramos o Día Escolar das Mat3máticas desde a biblioteca en colaboración co Departamento de Matemáticas. Este ano foi cun "Gran maratón mat3mático" que tivo lugar na sala de lectura do edificio II durante os dous recreos no que podía participar todo o alumnado de 1º e 2º da ESO.  A rapazada de 1º demostrou unha vez máis que vén pisando forte e participou activamente. Velaquí tedes as fotos dese día. Día das Mates 2014 - Movie Maker Tras comprobar os acertos nas probas, os participantes foron convocados á recollida de premios o pasado venres na biblioteca. Estes foron os gañadores: 1º premio: MATEO ESCOURIDO GARCÍA (1º C) 2º premio: MATEO PIÑÓN RIVEIRA (1º A) 3º premio (ex aequo entre varias rapazas de 1º B moi "coloboradoras" entre elas):                   NOELIA BLANCO VÁZQUEZ                  ÁNGELA FERNÁNDEZ PÉREZ         ...

Visita do doutor Ángel Carracedo ao noso centro

Hai poucos días recibimos a visita de Ángel Carracedo Álvarez. Catedrático de Medicina Legal, hai quen di que é o científico que traballa en Galicia de máis proxección internacional. Licenciado e doutor en Medicina pola Universidade de Santiago é o creador dun grupo que na actualidade é o líder mundial en xenética forense e de referencia en xenómica comparada e de poboacións. Podedes saber máis sobre a súa visita consultando o blog do ies cliclando en info+

Visita á nosa biblioteca municipal

O mércores 26 de marzo, alumnos de 1º C e o agrupamento específico de 2º, acompañados das súas profesoras e máis da coordinadora da biblioteca, achegámonos a coñecer as instalacións da Biblioteca Municipal (outra fonte para poder ler e, especialmente, nestas datas dos Días do Libro, non o esquezades!). Resultounos ben interesante, non só polos fondos que ten, senón porque é un servizo máis para todos, onde ler e estudar sen importar a idade; onde pais, avós e fillos pódense achegar á cultura ao mesmo tempo. Lembrade ler, por formación e por pracer!

Conmemoracións

O martes 25 de marzo, alumnado voluntario da clase de 1º ESO D achegouse á nosa biblioteca coa fin de festexar as conmemoracións literarias destes días -que, de seguido, enumeramos- coa lectura de textos varios. Neste trimestre festexamos: 26 de febreiro: DÍA DA LINGUA MATERNA. 21 de marzo: DÍA DA POESÍA. 27 de marzo: DÍA DO TEATRO. 2 de abril: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Deuse lectura aos manifestos en prol desas conmemoracións, así como aos poemas "Venezia", "Paris", "London" e "A Margarita". A cita resultou moi proveitosa por canto ten de achegamento á Literatura e á sensibilidade coa que a percibe o alumnado.

9ª e 10ª pistas do concurso "Morrer de amor"

Estas son as pistas para o xoves 13 de febreiro . Son xa as derradeiras. O venres 14 diremos as solucións a todas as preguntas no segundo recreo na biblioteca e alí saberedes quen foi o gañador do concurso. Pista nº 9: "She takes me away to that special place" Pista nº 10: "¿Puedo soñar contigo?"