Cada 5 de outubro celébrase en todo o mundo o Día das e dos Docentes , unha data creada pola UNESCO e a OIT no ano 1994 para recoñecer o valor e a importancia do labor docente na sociedade. A escolla desta data conmemora a aprobación, en 1966, da Recomendación sobre a Situación do Persoal Docente , un documento que estableceu as bases dos dereitos, responsabilidades e condicións necesarias para garantir unha educación de calidade. Máis tarde, en 1997, aprobouse tamén a Recomendación sobre o Persoal Docente do Ensino Superior , que ampliou estes principios ao ámbito universitario e da investigación. Este día serve para render homenaxe a todas as persoas que se dedican ao ensino , que acompañan e inspiran xeración tras xeración, e que con esforzo e adicación contribúen a transformar o mundo a través da educación. É tamén unha ocasión para reflexionar sobre o papel do profesorado no presente e no futuro , sobre o apoio e os recursos que necesita para desenvolver plenamente a súa tarefa, e...
Benvid@ ao blog da biblioteca do IES Vilar Ponte de Viveiro (Lugo)