Saltar ao contido principal

Publicacións

23 de Outubro. Día das bibliotecas.

Durante esta semana levamos a cabo a formación de usuarios coa rapazada de 1º e 2º da ESO. Ademais de aprender a localizar títulos na biblioteca, estivemos escollendo libros para levar ás vosas bibliotecas de aula. Que mellor que elixir vós mesmos o que queredes ler!!!! Atopamos durante esta formación unha nova necesidade: marcar dalgún xeito os libros por xéneros, así que poñemos a traballar a cabeciña para dar cun sistema que nos vaia a todos e a todas. Tamén vos informamos dunha novidade deste curso que apunta ter boa acollida. Seguiremos informando.

18 DE OUTUBRO. DÍA DAS ESCRITORAS

Este curso queremos comezar cunha pequena homenaxe ás nosas escritoras. Por iso os rapaces e rapazas do agrupamento de 2º de ESO levaron a cabo unha actividade de busca de información sobre a vida e obra de grandes autoras galegas como María Mariño ou Pura Vázquez, entre outras.Grazas ao departamento de lingua galega pola súa ímplicación na actividade e pola súa inestimable colaboración. O resultado desta investigación foi exposto nos corredores do instituto.

REMATANDO O CURSO 2020-2021

Sempre recordaremos o curso 2020-2021 como un curso con moitas normas e restriccións. Este foi o curso das mascarillas, dos xeles desinfectantes, dos aforos, dos grupos burbulla, dos espazos e recintos marcados, etc. Sen embargo, a pesar de todos os inconvintes, logramos levar a cabo distintas actividades que nos aportaron certa normalidade á toda a comunidade educativa. Deixamos aquí esta presentación como resumo das actividades realizadas e coa finalidade de rememorar o feito ao longo destes meses nos que superamos un difícil curso. Grazas a tod@s os que contribuiron e participaron!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Non sabes a que botarlle o dente estas longas vacacións de verán? Queres ler algo pero andas algo perdido no medio da maraña de lecturas que ves por aí? Non hai problema. Entre todos os centros educativos da Mariña fixemos un vídeo para recomendarvos libros que nos parecen especialmente interesantes. Bótalle unha ollada no blogue da microrrede da Mariña e... escolle.

AS LETRAS NA CASA

Velaquí o resultado da nosa proposta para o día das Letras Galegas. Fostes moitos e moitas as que enviastes os vosos vídeos, explicando o que é para vós o galego.

A MICRORREDE DA MARIÑA QUEDA NA CASA

Como xa sabedes, unha das actividades que adoitamos facer para conmemorar o día das Letras Galegas é a exposición conxunta de traballos realizados polo alumnado de dezasete centros da Mariña. Trátase do Proxecto da Microrrede da Mariña que este ano, por mor da actual situación sanitaria, terá que ser aprazada. As actividades previstas terán lugar, polo tanto, en maio de 2021.

LETRAS NA CASA

Xa estamos en maio e, como é habitual, imos festexar o día das nosas letras, das Letras Galegas. Aínda que este ano é máis que excepcional e non poderemos facer nada no instituto, si vos queremos propoñer algunha cousiña deste xeito. A RAG decretou que a celebración se trasladase a outubro, pero por si queres ir coñecendo algo sobre a figura de Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle adican este ano as Letras, podes botarlle esta ollada ao vídeo feito polo alumnado do Colexio San Pío X, de Ourense: Na web hai multitude de recursos para pasar un bo rato na compaña de Carvalho Calero e coñecelo algo mellor. Esta é unha selección. Don Ridardo   (xogo para o primeiro ciclo da ESO) Primavera das letras (para primeiro ciclo da ESO) Entrevista a Carbalho Calero (para segundo ciclo da ESO e bacharelato, de gran axuda para o estudo da literatura da época) Rede lectora (con novidades editoriais sobre a figura de Carvalho Calero, que estás á vosa disposición no Elbe-2) Pa...

LIBROS QUE ACOMPAÑAN

A que moitas veces un libro é o mellos compañeiro para pasar unha tempada? Se non o vistes xa, veredes que en ocasións, a determinadas épocas ou momentos das nosas vidas asociamos os libros que nos acompañaron. Por iso, dende a biblio queriamos que quedase constancia dos libros que para sempre relacionaredes con este momento histórico que estamos a vivir. Estes son os vosos "compañeiros de corentena".

Lecturas de pandemia

Como estás a pasar estes días???? Non está de máis dicir que as epidemias son un grave problema para o mundo, pero tamén serviron de inspiración para moitos autores e autoras que elaboraron grandes obras que xiran arredor deste tema. Agora que tes tempo, bótalle o dente a algunha delas.
AS LECCIÓNS DE JORDI SIERRA I FABRA O pasado 30 de outubro tivemos a grandísima honra de asistir a un encontro con Jordi Sierra i Fabra. Taty Prieto, alumna de 1º de ESO A, que acudiu ao evento, conta o que pasou deste xeito: "O día 30 de outubro a miña clase e moitas máis fomos ao teatro ver a un gran escritor chamado Jordi SIerra i Fabra. El é o autor de libros como El asesinato del profesor de matemáticas, La fábrica de nubes... Nesa reunión, porque non pensedes que foi unha charla na que estás aburrida e so pensas en cando rematará, falouno de cantos libros publicara (507 nin máis nin menos!), fixo chistes, fixémoslle preguntas, riu con nós e, nalgún caso, de nós, pero con cariño, e cando nos iamos ir, firmounos os libros que levabamos. Pero quizais o máis importante de todo foi o consello que nos deu: que persigamos os nosos soños e que non deixemos que ninguén nos diga o que podemos ser de maiores.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA UN SAMAÍN DE MEDO Para esta ponte espeluznante, o equipo da biblio quere propoñer lecturas e pelis para pasalo o máis terrorificamente posible.  E... que mellor forma que amosando directamente as obras que consideramos imprescindibles? Nesta exposición, a entrada da biblioteca, atoparedes de todo: pelis, novelas en galego, en castelán e en inglés e incluso cómic. Non podedes perder estas fantásticas historias.     
Benvidos a un novo curso no insti!!!!! Este ano quixemos comezar a andaina da biblio facendo unha formación de usuarios algo diferente para a rapazada de 1º da ESO. Despois de escoitar unha aburridísima explicación sobre como se organiza a nosa biblioteca, participaron nun scape room no que, a través de pistas, atopabamos libros e pelis onde se escondías os díxitos que abrían a nosa caixa forte. Non debeu ser moi fácil, pois so dous grupos conseguiron saber o que escondía. Pasámolo xenial e aprendimos a buscar calquera título nesta maraña de obras.

MICRORREDE DA MARIÑA

Boas!!!! O martes que vén comezan os actos que a Microrrede da Mariña levan a cabo. Este ano todo xirará en torno á poesía que sentimos. Ademais da exposición de traballos feitos en case todos os centros PLAMBE da Mariña, están programadas actividades chulísimas para os tres días. Non os podes perder!!!!!

AXÚDANOS A MELLORAR

A vosa opinión conta e moito para nós. Agora que se acerca o final de curso, gustaríanos que nos deixásedes un comentario acerca do noso traballo este ano. Cal das actividades da biblio foi a que máis vos gustou? Cal a que menos? Gustaríache que se repetise algunha? Vós diredes!!!!!

NOVA ZONA DE LECTURA

Este curso, pensamos en renovar, aínda que so fora un pouco, a sala de lectura do edificio II, onde normalmente se atopa o alumnado de 1º e 2º de ESO. Por iso, ideamos un rincón de lectura e esparcimento para que, a estancia nesa sala da biblio fora máis cómoda. De momento está a ser todo un éxito. So falta encher os expositores cos vosos libros favoritos A disfrutalo moito!!!!!

O MES DO LIBRO

Boas de novo! Despois de tanto tempo ser aparecermos por aquí, qué mellor forma de retomar o contacto que contándovos as actividades que temos feito neste pasado mes de abril: o MES DO LIBRO. Para comezar, un marabilloso grupo de rapazas e rapaces de 1º da ESO prepararon unha serie de contos que, de moi diversas formas, contaron ás nenas e nenos do cole San Roque. Houbo de todo: monicreques, kamishibai, representacións... Como disfrutamos, tantos nós, coma eles!!!!     Grazas ás rapazas e rapaces que participastes, pero tamén ás profes do cole San Roque pola súa disponibilidade, especialmente a Mercedes, e, sobre todo, ás nenas e nenos de 3 anos, que nos sorprenderon cun recital de poesía. Que marabillosas son as colaboracións entre centros, a convivencia interxeracional e A POESÍA!!!!!!!!    Días despois, e aproveitando que xa nos chegaron os datos dos novos usuarios ELBE, fixemos una sesión de formación para aprender ...

Pido perdón

Día escolar da Paz e a Non Violencia Mañá, 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mahatma Gandhi, é o día escolar da Paz e a Non Violencia. No noso centro, e co apoio da biblio, celebrámolo coa actividade “Pido perdón”.   “Pido perdón” por cada vez que ao meu redor hai actos de violencia, que non me gustan, pero nos que eu non actúo para evitalos. Por eses momentos vou pedir perdón nunha pomba, vou pedir perdón pola miña inactividade ante a violencia, por non dicir nada, por deixalo pasar. Con todas as nosas pombiñas debuxaremos unha gran pomba pintada na parede frente á nosa biblioteca ao longo desta semana.

INTENSA SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Desde o pasado día 20 ata o día 27 de novembro, os alumn@s do centro participaron activamente enchendo globos de cor morada con mensaxes contra a violencia de xénero. A biblioteca tinguiuse de morado e os globos estouraron simbolicamente para facérense escoitar. Tamén se foi tivo o seu impacto a curtametraxe El orden de las cosas , que foi visionada tanto na biblioteca coma nas aulas. Unha selección de libros sobre a temática tamén foi exposta e consultada por curios@s lectores. Ademais, desde o departamento de francés traballouse co conto La cenicienta que no quería comer perdices , que loce no pasillo do primeiro andar. Os alumn@s expresaron as mensaxes e pegáronnas a carón das páxinas do conto. Foi unha semana intensa e moi reivindicativa con respecto a esta lacra. Gracias pola participación e implicación de profes, alumn@s e persoal do centro!                                  ...

ESTOURIDOS DE MENSAXES CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante esta semana, na que o día 25 é o Día contra a violencia de xénero, desde a biblioteca e tamén desde todo o ámbito escolar traballarase na difusión de mensaxes sobre o tema. Pero estas mensaxes, para facérense oír (dun xeito simbólico), será introducidas en globos que, tras seren colgados por toda biblioteca, serán estourados ó final da semana. Unha selección de libros sobre a violencia de xénero ten un espazo dedicado. Coma actividade complementaria, visionarase a curmetraxe El orden de las cosas.

Xornada de dinamización da biblioteca

O 24 de outubro conmemorouse o Día das Bibliotecas Escolares . Por iso, nesa semana aprobeitamos para achegar o funcionamento da nosa biblioteca ós alumnos e alumnas de 1º da ESO. Para facelo máis ameno, propuxemos un "rosco" de Pasapalabra con termos relativos ós libros e ás bibliotecas. O espíritu competitivo emerxeu de seu entre distintos cursos que quixeron ser os que máis souberan sobre a materia. Ademais, tamén participaron nestas xornadas alumnos de 2º da ESO, que realizaron o xogo en inglés; e, tamén, de 1º de Bacharelato, que o fixeron en francés. ¡Grazas pola vosa participación!