Saltar ao contido principal

Publicacións

DÍA DO TEATRO

Se o outro día festexabamos o día da poesía, antonte foi o do teatro. O grupo de alumnas voluntarias que acode a clases de Literatura Universal, axudadas e capitaneadas pola sa profe Manuela, acudiu á biblio para preparar unha expo en que mostrasen todo o seu coñecemento dun grande do xénero: Shakespeare. Decidiron facelo en globos, onde colocaron debuxos, grandes frase que pasaron á historia e un código QR que esconde un resumo das principais obras do autor. Todo un traballazo que chamou a atención de todo canto pasaba por diante da porta da biblio

DÍA DA POESÍA

Polo da da poesía, que mellor que mesturar as dúas actividades que máis vos gustan? E é que os sentimentos, as vivencias e os pensamentos se poden transmitir a través da palabra, pero tamén das imaxes. Así, a partires de poemas escollidos polo seu profesor de lingua galega, os rapaces e rapazas de 4º de ESO propuxeron estas obras mestras que decoran o corredor do primeiro andar do edificio 1. Porque as imaxes, tamén son poesía!!!!

MARUJA MALLO: VIVEIRESA UNIVERSAL

Este ano, dende o Concello de Viveiro, solicitaron aos centros educativos da vila que traballásemos a figura de Maruja Mallo para festexar o día da Muller traballadora e, deste modo, adicarllo á mesma figura. No noso IES, dende a biblio, quixemos aportar o nos gran de area. Así, a rapazada de 2º de Bac con materias convalidadas, adaptou unha biografía da artista e elaborou un vídeo presentación que pasamos aos coles da zona. Cónstanos que algún o empregou para dar a coñecer a vida desta gran viveiresa!!!!

PREPARAMOS O 8-M?

Estes días, nas titorías estivestes a ver unha curta que, dende a biblio, recomendamos ás vosas titoras. Xa reflexionastes sobre os traballos femininos e a súa dureza en moitos casos, sobre a fenda de xénero e os teitos de cristal. Agora imos deixar constancia gráfica das mulleres traballadoras fotografando as súas mans. Propoñemos, como xa vos avisaron, un concurso de fotografía para encher os nosos corredores de mans que traballan, de mans de muller.

DÍA DE ROSALÍA

Será o 23? Será o 24? O caso é recordar os pensamentos e obras desta gran muller que engrandece o nome da nosa lingua. Como non iamos celebrar o seu cumpreanos? Pois dúas cousiñas fixemos para recordala. Por unha banda, a rapazada de 1º de ESO, xunto coa súa profe Merce, elaborou este fermoso mural no que penduraron os pensamentos rosalianos. Ademais, por outra banda quixemos vencellas o día de Rosalía ao das linguas maternas, o 21 de febreiro. Recopilamos todas as linguas nais do noso alumnado e atopamos de todo: chinés, ucraíno, catalán, inglés, francés, caló... Escollemos poemas de ROsalía e os traducimos a estas linguas, ademais de a latín e a grego. Cada tradución foi escrita nunha cartulina e grabada, subindo o audio ao SPotfy da biblio. Como non, na representación tiña que haber algún poema en galego, en versión orixinal. Para darlle máis emoción á cousa, convertemos a expo nun xogo-competición. Consulta as bases e anímate a participar, que haber premio para o que adiviñe...

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Xa sabemos que o 14 de febreiro é unha data importante para vós, que celebrades o AMOR e a AMIZADE como as grandes pasións que so, que vos encanta ter citas e que as sorpresas vos rechiflan. E, se xuntamos todo isto con libros? Pois aí vos vai!!!! O alumnado voluntario da biblio fixo unha escolla por idades, empaquetou os libros cunha estética idéntica (porque non hai que xulgar as cousiñas pol a pinta) e escribiu pistas para incluir en cada paquete. Así, teredes unnha lixeira idea do libro co que podedes ter esa fantástica cita. Na entrada do edificio 1 prepararon o escenario e... a maxia xurdiu e as primeiras parellas se foron formando. Tanto éxito tivo a iniciativa que houbo que repoñer!!!!

BEATRIZ OSÉS NO INSTITUTO

Un dos libros máis emprestados da biblio é calquera de Erik Vogler. Pois hoxe, a súa nai visitou (virtualmente) as aulas de 1º de ESO. A charla inicial foi moi interesante, pois nos contou como naceu ese adolescente rariño que vive esas aventuras que tanto nos gustan. A conversa de despois tampouco estivo nada, pero que nada mal, e lle puidemos preguntar todo o que queriamos saber! Un pracer achegarvos así a literatura.

A CANDELARIA

Antonte foi o día da Candelaria, xornada en que festexamos a fin do ciclo de Nadal, a chegada inminente da primavera e, sobre todo... O AMOR. Por iso, a rapazada de 1º de ESO traballou as metáforas para definir este sentimento, coa súa profe de lingua galega. O resultado... sen palabras!!!

Día internacional da non violencia e a paz e día da ilustración

Este curso, debido á situación sanitaria, decidimos non realizar ningunha actividade que supuxera contacto físico, como adoitabamos facer para conmemorar este día. Con todo, nas aulas de primeiro da ESO traballamos o que supón as pequenas acción que cada un de nós pode realizar no noso día a día para acadar a paz no noso entorno. Para comezar, visualizamos o trailer da peli "Cadena de favores", o que deu lugar a un fondo debate no que reflexionamos acerca da nosa contribucación á creación dun mundo mellor. Por último, para plasmar visualmente esta contribución, elaboramos unha cadea de favores. CAda un de nós escribiu, nun eslabón, un favor que ultimamente lle tuvera feito a alguén. Ata os profes participamos!!!! Con estes eslabóns fixemos unha cadea que decora a entrada do edificio 2. No edificio 1, na entrada da biblioteca, o equipo escolleu unha serie de lecturas que favorecen a paz e montou unha exposición para que estes títulos sexan máis visibles á rapazada. Moitas del...

PROPÓSITO DE ANINOVO

Cal é o voso propósito para este novo ano? O noso é organizar a biblio para cubrir unha necesidade que detectamos cando fixestes as vosasbiblios de aula. No medio de todos os títulos de ficción, que temos organizados por idiomas e por público, non podiades atopar os de terror, de amor, de misterio... Pois, problema resolto!!!! Un equipo de alumnas voluntarias, ben aprovisionadas con pegatinas de cores, marcarán cada libro para que, dunha ollada, podades distinguir o seu tipo. E todo isto o farán nas horas de lecer. Xa podemos ir dándolles as grazas!!!!!!

TRADICIÓNS DE NADAL

Non podemos pechar o trimestre e o ano sen mostrarvos os tradicionais traballos que se fan no noso centro por estas datas. Por unha parte, o Departamento de Relixión organiza un concurso de postais, que se atopan expostas na entrada do edificio 2. Por outra banda, xunto co departamento de Francés, elaboramos os nosos adornos reciclados, que tamén espuxemos. Esperamos que o ano que ven podamos facer con eles o que fixemos ata a chegada da pandemia: vendelos no mercadiño organizado pola residencia de anciáns Domus Vi, en Viveiro, para poder mercar agasallos de Nadal para as familias máis desfavorecidas.

MOCHILAS QUE VIAXAN EN NADAL

Nós non seremos os únicos que marchamos de vacacións. Hoxe tamén marcharon as nosas mochilas, que pasarán o Nadal nas casa destes catro aventureiros lectores!!!

INVESTIGACIÓNS CHULAS

As primeiras alumnas colaboradoras van chegando con forza á biblio. Desta volta, as que acoden a clase de literatura universal decidiron agasallarnos coa mostra dunha das súas investigacións. Con material e recursos da biblio, e coa axuda da súa superprofe Manuela Salgado, do departamento de Lingua Castelá, elaboraron unha rigurosa investigación sobre a escrita mesopotámica que plasmaron perfectamente nunhas inscripcións en táboas de arxila. Un marabilloso traballo que chamou a atención de todos e todas.

NADAL NA BIBLIO

A que xa cheira a Nadal? A que as vosas casas xa empezan a encherse de luces, grilandas e demais adornos da época, a que no súper xa hai moito que vemos turróns e outros moitos doces? Pois a biblio Vilar Ponte non vai ser menos, e, coa inestimable axuda do alumnado colaborador, que ten validada a hora de música e pasa moitas horas con nós, nos dispuxemos a engalanar a entrada do noso santuario. Iso si, empregando libros. Sin querer esta foi tamén unha actividade de promoción do material da biblioteca e de fomento da lectura porque, a costa de mergullarse nos andeis á busca de libros que esteticamente cumprisen uns obxectivos, atopastes cousiñas que vos chamaron a atención e que levastes para ler nas vacacións.. Nunca tantos préstamos fixeramos fóra do recreo!!!!

25 N Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

Neste día tan importante, cunha reivindicación tan necesaria, levamos a cabo dende a nosa biblioteca dúas actividades co alumnado de 3º e 4º da ESO. Nun primeiro lugar, quixemos incidir na visualización dos micromachismos como unha manifestación desa violencia que queremos eliminar. A través da proxección de curtas durante as horas de titoría, reflexionamos sobre o tema e elaboramos uns "bocadillos" nos que quixemos plasmar algunhas das frases micromachistas que escoitamos a diario. Con estes bocadillos enchimos o corredor da planta baixa do edificio 1. Que mellor ocasión para inaugurar a canle de Spotify da biblio? Pois iso. Esas mesmas frases foron gravadas en audio polo alumnado, cos que publicamos o podcast inaugural da canle. Clica aquí para escoitalo porque... ¡¡¡A biblioteca escolar toma a palabra!!!

Novembro. Mes da ciencia en galego.

Co gallo do mes da ciencia en galego, fixemos unha exposición nos corredores do edificio 1 en colaboración co Ceida. Trátase de 15 paneis con información en galego sobre o cambio climático que de seguro son de grande utilidade. O Ceida tamén trouxo unha maleta mariñeira, chea de títulos relacionados co mar e cos problemas que lle afectan. A maior parte deste material está en galego e forma parte dunha mostra de libros científicos en galego que se atopa na entrada da nosa biblioteca, na que podedes curiosear pero tamén levar cousiñas prestadas. Mergúllate na ciencia, e faino na nosa lingua!!!!

CARE SANTOS NO CENTRO

A que non sabedes quen se pasou hoxe polas aulas de 3º e 4º da ESO? Nin máis nin menos que a magnífica Care Santos, que vee telematicamente falar co noso alumnado da xénese da súa obra mestra: Mentira . Todo o que aprendimos con ela e todas as preguntas que lle fixemos...